Wordle é un xogo de palabras en liña gratuíto inventado en 2021 por Josh Wardle. Grazas á súa popularidade en Twitter, o xogo tivo un éxito inmediato na súa versión en inglés. Foi rapidamente ofrecido noutros idiomas e imitado noutras versións.
Descrición do xogo O obxecto do xogo é adiviñar unha palabra específica de cinco letras en até seis intentos, escribindo letras nunha pantalla de seis liñas de cinco cadrados cada unha. O xogador escribe unha palabra de cinco letras da súa elección na primeira liña e introduce a súa proposta. Despois de cada proposición, as letras aparecen en cor: o fondo gris representa as letras que non están na palabra buscada, o fondo amarelo representa as letras que están noutras partes da palabra e o fondo verde representa as letras que están no lugar correcto na palabra atopar.
Historia Josh Wardle é un programador de software que colaborou no desenvolvemento de dúas experiencias sociais para Reddit. Nun período de confinamento debido á pandemia de Covid-19, inventou o xogo para a súa parella, un entusiasta dos puzzles e crebacabezas. Vendo o entusiasmo dela e da súa familia, decidiu poñer o xogo en liña. En decembro de 2021, engadiu a posibilidade de compartir os seus resultados nas redes sociais mediante emojis. O éxito foi inmediato: o 1 de novembro de 2021 xogaron 90 persoas, e en poucas semanas, máis de dous millóns.
Versión en galego O 11 de xaneiro de 2022 Abraham Martínez Gracia adaptou o xogo á lingua galega e subiuno a appspot.com coa indicación en Twitter Adaptado por @mg_abraham. Baseado no traballo de Daniel Rodriguez @danielfrg.
No momento da tradución Martínez traballaba no Centro de Supercomputación de Galicia. Comparte a teoría de que a simplicidade e a opción de compartir os resultados son algunhas das razóns do éxito de Wordle.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sudoku Cifras e letras Pasapalabra Calembur Scrabble Ligazóns externas Wordle Galego - Un xogo de palabras
Categoría:Lingüística Categoría:Videoxogos de navegador