Enrique Correa Álvarez, nado en Lugo o 1 de febreiro de 1876 en finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1963,El Progreso, 15-11-1963, p. 3. foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria Foi mestre en Abade (Moeche) en 1908,El Correo Gallego, 22-2-1908, p. 1. A Gándara (Oroso),La Idea Moderna, 9-5-1908, p. 2. Oubiña (Cambados), Rianxo,BOP A Coruña, 21-9-1909, p. 1. Viveiro,La Idea Moderna, 24-1-1917, p. 2. onde foi presidente da Asociación de Mestres do partido, e Lugo.La Voz de la Verdad, 14-9-1923, p. 3. Escribiu na prensa, foi por un tempo director de Heraldo de Vivero, colaborou en Gaceta de Galicia, Galicia Nueva, La Provincia, Suevia, A Terra, Heraldo de Galicia, Eco de Galicia, El Pueblo Gallego e na revista pedagóxica Vida Escolar. Xubilouse en 1946.El Correo Gallego, 19-5-1946, p. 6. Vida persoal Casou en Santiago de Compostela coa tamén mestra María del Socorro Rey Otero en 1910,La Región, 28-12-1910, p. 2. e foi pai de María Luz Correa Rey.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1963