miniatura|Patio da Universidade Qarawiyin en Fez, onde Leo Africanus estudou. miniatura|Edición de 1600 da Descrición de África. miniatura|Ilustración de palmeira de dátiles nos arredores do Cairo, na edición de 1556 da Descrición de África.

al-Hasan ibn Muhammad al-Wazzan al-Fasi, (en ), nado no Reino de Granada arredor do 1494 e finado na segunda parte do século XVI, posibelmente despois de 1554, tamén chamado Hassan al-Wazzan, Giovanni Leone di Medici e León o Africano (Leo Africanus) foi un diplomático, xeógrafo e explorador mourisco, coñecido pola súa obra Descrittione dell’Africa (Descrición de África).

Traxectoria Naceu no Reino de Granada cara a 1494, logo do reino nazarí incorporarse á Coroa de Castela, porén cando era neno trasladouse a Fez.. Tinha 12 anos quando Portugal conquistou a cidade e 16 anos quando visitou Tombuctu. Estudou na universidade en Fez e aos vinte anos foi enviado por Mohammed o Portugués acompañando ao seu tío en misión diplomática, exercendo máis tarde el mesmo como diplomático até que en 1518 foi capturado por piratas cristiáns, de onde foi levado a Roma, sendo alí ofrecido como agasallo ao Papa León X. Adoptou o nome de Joannes Leo de Medicis (en latín)

Foi durante a súa estadía en Italia cando escribiu boa parte da súa obra, entre elas a súa obra máis famosa "Della descrittione dell'Africa", (título completo "Della descrittione dell'Africa et delle cose notabili cheiui sono, per Giovan Lioni Africano"; en galego, Descrición de África e as cousas notables que alí existen).

Na ficción

Literatura A novela Léon l'Africain, escrita polo novelista franco-libanés Amin Maalouf e publicada en 1986, relata a vida do explorador en forma de autobiografía imaxinaria desde 1518, ao regresar dunha peregrinación á Meca, cando é capturado por piratas que o levan ao Papa León X. A súa vida a partir de entón está chea de aventuras e peripecias, marcadas por algúns dos acontecementos máis importantes do Mediterráneo do século XVI. Leão o africano foi publicado en portugués pola Editora Quetzal.

Suxeriuse que William Shakespeare puido inspirarse na Descrición de África de León Africano para crear o personaxe de Otelo.

Audiovisuais A BBC produciu un documental sobre a súa vida chamado "Leo Africanus: A Man Between Worlds" en 2011. Foi presentado por Badr Sayegh e dirixido por Jeremy Jeffs. A película seguiu os pasos de León desde Granada, pasando por Fez e Tombuctú, até Roma.

Un proxecto cinematográfico sobre a vida de Léon o africano, con Jamel Debbouze no papel principal, foi presentado en 2015.

Teatro O drama titulado Tous des Oiseaux, escrito e dirixido por Wajdi Mouawad, está inspirado na novela do escritor Amin Maalouf sobre León o Africano. Esta obra teatral foi representada no Théâtre national de la Colline de París en 2017.Sitio Froggydelight, páxina en a obra Tous des Oiseaux, consultada o 11 de decembro de 2018.

Obras A descrición en tres volumes da Descrición de África en liña:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fisher, Humphrey J. (1978). Leo Africanus and the Songhay conquest of Hausaland. International Journal of African Historical Studies (Boston University African Studies Center) 11 (1): 86–112. Masonen, Pekka (2001). Leo Africanus: the man with many names. Al-Andalus Magreb 8-9: 115–144. Rauchenberger, Dietrich. Johannes Leo der Afrikaner: seine Beschreibung des Raumes zwischen Nil und Niger nach dem Urtext. Wiesbaden: Harrassowitz, 1999. ISBN 3447041722.

Ligazóns externas

Radio Pontevedra Viva. Entrevista a Amin Malouf, autor de Leo Africanus, por Javier Gallego. (Carne Cruda (11feb2021) ¿Quién era León el Africano? El granadino que vivió entre dos mundos (elretohistorico.com)

Categoría:Diplomáticos Categoría:Escritores de Marrocos Categoría:Xeógrafos de España Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Finados en 1554 Categoría:Nados en 1494