Martha's Vineyard é unha illa situada na costa sur de Cape Cod, ambas formando parte da rexión de Outer Lands.

Nome Bartholomew Gosnold nomeou así a illa (que xa tiña nome indíxena) pola súa filla Martha. A miúdo chámase só "the Vineyard" (a viña).

Xeografía Cunha superficie terrestre de 231,75 km² (87,48 millas cadradas ), Martha's Vineyard é a 57ª illa máis grande dos Estados Unidos. Atópase no Estado estadounidense de Massachusetts, no condado de Dukes, que tamén inclúe Cuttyhunk e as outras illas Elizabeth, así como a illa de Nomans Land e de Chappaquiddick.

Coordenadas: 41°24′N 70°37′W

Sociolingüística A adopción do concepto comunidade de falantes como foco de análise lingüística xurdiu na década de 1960, debido ao traballo pioneiro de William Labov, cuxos estudos sobre a variación lingüística na cidade de Nova York e a pequena vila de Martha's Vineyard sentaron as bases da sociolingüística como ciencia social. Os seus estudos demostraron que non só a clase e a profesión estaban claramente relacionadas coa variación lingüística dentro dunha comunidade de falantes (por exemplo, Martha's Vineyard), senón que as aspiracións socioeconómicas e a mobilidade tamén eran de grande importancia.

Galería

Notas Categoría:Illas dos Estados Unidos de América

Véxase tamén