Jamie Salter, nado na década de 1960 (en 1962 ou 1963), é un executivo empresarial canadense. É o fundador, presidente e CEO de Authentic Brands Group, empresa estadounidense de desenvolvemento de marcas e licenzas con sede na cidade de Nova York. Antes foi o CEO de Hilco Consumer Capital.
Carreira Salter é natural de Toronto, Canadá e comezou a súa carreira na comercialización de artigos deportivos na década de 1980. En 1992, cofundou o fabricante de táboas de snowboard Ride Inc., que cotizou en bolsa no Nasdaq en 1994. Dimitiu como CEO da compañía en 1996. Traballou con outras empresas deportivas antes de se unir a Hilco Consumer Capital, unidade de capital privado de Hilco Trading LLC, que cofundou en decembro de 2006.
Deixou Hilco en 2010 para crear a empresa Authentic Brands Group. A compañía adquire dereitos de marcas e posúe os dereitos de iconas culturais como Marilyn Monroe, Michael Jackson, Muhammad Ali e Elvis Presley e do deporte como Julius Erving ou Sports Illustrated. En seis anos, converteuse nunha empresa de 1.500 millóns de dólares e gañou reputación como experta en marcas. O 12 de agosto de 2021, anunciouse que Authentic Brands Group adquiriría a marca Reebok de Adidas por polo menos 2.500 millóns de dólares, nun acordo que se espera que se peche no primeiro trimestre de 2022, por iniciativa de Shaquille O'Neil.
En 2018 foi galardoado pola ONG Delivery Goods pola súa axuda á infancia en familias desfavorecidas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Authentic Brands Group
Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido