Charles Francis Feeney, coñecido tamén como 'Chuck' Feeny nado en Elizabeth, Nova Jersey, o 23 de abril de 1931 e finado en San Francisco o 9 de outubro de 2023, foi un empresario e filántropo irlandés-estadounidense. É o fundador de The Atlantic Philanthropies, unha das maiores fundacións privadas do mundo, e da súa filial General Atlantic. Traxectoria

Feeney fixo fortuna como cofundador do Duty Free Shoppers Group, que foi pioneiro na idea das compras duty-free. Doou boa parte da súa fortuna en segredo durante moitos anos, até que unha disputa comercial resultou na súa identidade revelada en 1997. Ao longo da súa vida, Feeney ten doado máis de 8.000 millóns de dólares, mais do 99% da súa fortuna. Para iso fundou en 1982 a Atlantic Philantropies, fundación instrumental para apoiar causas a favor da vellez, da infancia e xuventude, a saúde pública e dereitos civís, e a proxectos vinculados coa esquerda política.

Feeney era coñecido pola súa frugalidade, vivindo nun apartamento alugado, sen coche nin casa e voando en clase económica.Taoiseach launches Chuck Feeney Biography at Trinity College Dublin (en inglés)

Recoñecementos Feeney foi chamado o "James Bond da filantropía" pola revista Forbes pola forma discreta e exitosa na que doou anonimamente aproximadamente 8.000 millóns de dólares a varias institucións benéficas. En 1997, Time dixo que "a beneficencia de Feeney xa está entre as máis grandes de calquera estadounidense vivo".

Malia evitar a publicidade, colaborou na súa biografía de 2007 titulada The Billionaire Who Wasn't: How Chuck Feeney Made and Gave Away a Fortune Without One Knowing. Feeney tamén é obxecto dun documental irlandés da RTÉ titulado Secret Billionaire: The Chuck Feeney Story.

En 2010 recibiu o premio Cornell Icon of Industry. En 2012, todas as universidades de Irlanda do Norte e do Sur outorgáronlle conxuntamente un doutoramento honoris causa en Dereito. Ese mesmo ano, tamén recibiu a Medalla da UCSF por contribucións persoais destacadas á misión de saúde da University of California, en San Francisco. En 2014, Warren Buffett dixo de Feeney: "é o meu heroe e o heroe de Bill Gates. Debería ser o heroe de todos". No 160º aniversario da creación de Queensland, o 6 de xuño de 2019, Feeney recibiu un premio en homenaxe polas súas contribucións ao desenvolvemento dese Estado.

En decembro de 2020, a Universidade de Cornell anunciou que cambiaría o nome de East Avenue, unha rúa que atravesa o centro do campus e que está ao lado da súa alma máter, a Escola de Administración da Universidade de Cornell, "Feeney Way", para homenaxealo polas súas contribucións á universidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a Feeney do sitio web de Atlantic Philanthropies Unha breve biografía de Chuck Feeney

Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América