Antonio López Barro, coñecido como Ruso, nado en Naves (Llanes) cara a 1906 e finado en Lugo o 29 de decembro de 1936, foi un funcionario e político asturiano.
Traxectoria Coñecido como "Ruso" porque o adoptaran os propietarios dunha fonda do Saviñao coñecida como Fonda do Ruso. Empregado nas oficinas do Concello do Saviñao e veciño de Escairón. Secretario da Agrupación Republicana de Escairón en 1931, foi nomeado fiscal municipal do Saviñao en xuño de 1931.La Voz de la Verdad, 9-6-1931, p. 1. Membro da UGT, foi secretario da Agrupación Socialista de Escairón dende 1932. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso en Monforte de Lemos durante tres meses.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 29 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 9 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado as tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 29 de decembro de 1936. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Carta de Antonio López Barro, el ruso
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Llanes Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936