A Real Forza Aérea Italiana (Regia Aeronautica Italiana) foi a forza aérea do Reino de Italia. Creouse como un servizo independente do Real Exército Italiano e estivo activa dende 1923 ata 1946. En 1946 aboliuse a monarquía e o Reino de Italia converteuse na República Italiana, polo que o nome da forza aérea cambiou a Aeronautica Militare.
A Regia Aeronautica loitou na guerra civil española onde estivo activa a Aviación Lexionaria. Posteriormente participou na segunda guerra mundial de 1940 a 1943, cando tras o armisticio de Cassibile as súas forzas dividíronse entre a Aeronáutica Cobelixerante do Reino do Sur e a Aeronáutica Nacional Republicana da República Social Italiana de Benito Mussolini.
Historia
Creación Ao final da primeira guerra mundial, a desmobilización reduciu as filas do Servizio Aeronautico. Aínda en Libia, a operación de pacificación de Libia, de 1922 a 1932, tivo como protagonistas aos Ansaldo S.V.A. e Caproni Ca.33, substituídos co tempo polos novos IMAM Ro.1, Caproni Ca.73 e Caproni Ca.101 que, ademais de accións de bombardeo e recoñecemento, tamén se ocupaban de operacións de abastecemento ás tropas. En febreiro de 1922 o X Battaglione Àscari Eritrei foi asediado polos rebeldes en Al 'Aziziyah (Tripolitania italiana) e a única posibilidade de conexión era a aérea. Cinco trimotores Caproni e algúns S.V.A. transportaron durante dous meses tropas frescas e evacuaron feridos e persoal civil, realizando así a primeira ponte aérea da historia.
Un Italia a aviación estaba organizada en grupos: bombardeo, recoñecemento, caza e dirixibles. Había 273 aeronaves dispoñibles, mentres que a Regia Marina contaba con 54 hidroavións. No seu primeiro gabinete, o 31 de outubro de 1922, Benito Mussolini elixiu a dous directores xerais, Giulio Douhet para a aeronáutica militar, e Arturo Mercanti para a aviación civil.
A primeira acción foi a institución, o 24 de xaneiro de 1923, dun Comisario para o Exército do Aire ou Mando Xeral do Exército do Aire dentro do goberno de Mussolini, sendo o comisario o mesmo presidente do Consello e o vicecomisario Aldo Finzi, o cal preparou as medidas lexislativas para o establecemento da Regia Aeronautica como unha forza armada autónoma.
A Regia Aeronautica estableceuse a través do Real Decreto n.645 do 28 de marzo de 1923, confiándoselle todas as forzas aéreas militares do Reino, das colonias, do exército e da mariña. Entre maio de 1923 e o 21 de outubro do mesmo ano o comandante xeral da Aeronautica foi Riccardo Moizo,Alegy 2005, p. 133 substituído posteriormente por Aldo Finzi.Garello 2004, p. 71 O primeiro comandante da Regia Aeronautica foi o xeneral Pier Ruggero Piccio, nomeado o 25 de outubro de 1923.
O 31 de outubro de 1923 uns 300 avións e hidroavións dirixíronse a Roma para formar parte dun gran desfile, formando unha longa fila no aeroporto de Roma-Centocelle na tarde do 4 de novembro, no quinto aniversario do fin da primeiras guerra mundial, día no cal entregouse a bandeira á Forza Aérea. Nese mesmo mes naceu tamén a Academia Aeronáutica e no mes de outubro creouse o Estado Maior.
O 10 de decembro de 1923 naceu o Real Corpo de Aeroportos, que tiña a tarefa de dirixir a organización e operación dos servizos de terra relacionados coa actividade de voo.
O Real Decreto Lei do 4 de maio de 1925 suprimiu o Real Corpo de Aeroportos, dispoñéndose que o mesmo persoal enmarcado na Forza Aérea se dividise en rol de combate e rol especializado. Dentro destes dous roles entraron respectivamente os oficiais do Real Corpo de Aeroportos, e os oficiais fixos, adscritos aos servizos aeroportuarios.
Réxime fascista O primeiro Xefe do Estado Maior da Forza Aérea foi o propio xeneral Pier Ruggero Piccio, no cargo dende xaneiro de 1926.
Coa supresión simultánea do Comisionado da Forza Aérea, o 30 de agosto de 1925 a Regia Aeronautica elevouse oficialmente ao mesmo nivel que a Mariña e o Exército coa creación do Ministerio de Aeronáutica, con tres direccións xerais: persoal militar e escolas aeronáuticas, persoal civil aeronáutico, e infraestruturas aeronáuticas. O primeiro subsecretario da Forza Aérea foi Alberto Bonzani, co Mussolini como ministro. En outubro de 1925 naceu a Arma Aeronáutica, á que pertencía todo o persoal do rol de combate.
En 1925 o espazo aéreo italiano dividiuse en cinco zonas aéreas (ZAT, Zona Aérea Territorial): 1ª en Milán, 2ª en Boloña, 3ª en Nápoles, 4ª en Palermo e 5ª en Cagliari. A forza aérea subdividíase en tres escuadras, que á súa vez subdividíanse en divisións, estas en brigadas e ás, as ás en grupos, e os grupos en escuadróns. A forza aérea tiña un total de 78 escuadróns.
Paralelamente a industria aeronáutica desenvolveuse como resultado do crecemento da forza aérea, producindo aparellos moi apreciados no estranxeiro e sendo mercados nuns 40 países, case todos de fóra de Europa. A actividade experimental propiciou a fusión do Instituto Aeronáutico Experimental e a Dirección Experimental de Aviación Militar na nova Dirección Superior de Estudos e Experimentos (DSSE), operativa dende o 1 de febreiro de 1928. Tres meses despois, o 1 de maio, a DSSE asumiu o mando do Centro Experimental de Montecelio, onde en outubro de 1930 comezaron as obras que deron lugar á fundación da chamada "Cidade do Aire" de Guidonia.
Tras un inicio autónimo, cunha lei de 1931 a Forza Aérea da Armada Real Italiana pasou a depender dun xeneral da Regia Aeronautica. O 28 de outubro dese mesmo ano inaugurouse a nova sede do Ministerio de Aeronáutica e do Estado Maior, deseñado polo arquitecto Roberto Marino.
A mediados dos anos 30 a Regia Aeronautica aparecía como unha das mellores forzas aéreas do mundo, grazas en parte ao grande éxito do caza biplano Fiat C.R.32 na guerra civil española e ás empresas aéreas completadas. Porén, a realidade era outra, xa que as fazañas nas que se aventurara a forza aérea dirixiran a súa evolución cara a unha dirección equivocada.
Mussolini convertera á Regia Aeronautica nun impresionante elemento de propaganda. O pilotos italianos bateron numerosos récords aéreos nos anos 30, e gañaron campionatos de todo tipo. Exitosos voos de longa distancia como o cruzamento do Atlántico de Charles Lindbergh inspiraron á Regia Aeronautica a realizar longas viaxes transatlánticas con paradas en África Occidental e o Brasil. Posiblemente os éxitos máis brillantes foron o récord mundial de velocidade de hidroavións de709 km/h conseguido por Francesco Agello no Macchi-Castoldi MC-72 en outubro de 1934,Neulen 2000, p. 19 e o voo en formación de longo alcance ata os Estados Unidos e de regreso a Italia en 1933, un total de 19 000 km realizados con 25 hidroavións Savoia-Marchetti S.55. Este Cruceiro Aéreo Decenial (Crociera aerea del Decennale) incluíu paradas en Ámsterdam, Derry, Reiquiavik, Labrador, Montreal, Chicago, Brooklyn, e Washington D.C., destacando a aterraxe no lago Michigan en fronte do Navy Pier de Chicago e unha procesión pola cidade ante unha multitude de milleiros de estadounidenses coincidindo coa Exposición Universal de Chicago. Este logro pioneiro foi organizado e dirixido polo xeneral de aviación Italo Balbo.Neulen 2000, p. 20
Guerra de Etiopía miniatura|240x240px|Bombardeo con gas mostaza durante a guerra de Etiopía A política expansiva de Mussolini entra en acción en outubro de 1935, cando comezou a segunda guerra italo-etíope, primeira proba de fogo para a nova forza aérea.Neulen 2000, p. 22 Para satisfacer as necesidades operativas construíronse 29 novos aeroportos en Eritrea e 54 en Somalia, recrutándose moitos aviadores ascari (soldados eritreos). En maio de 1936 as tropas italianas entraron en Adís Abeba grazas en parte á Regia Aeronautica que realizou, con ausencia de aviación inimiga, voos de recoñecemento, transporte e bombardeo, moitas veces con substancias químicas. Os avións usados foron nun principio os IMAM Ro.1, Caproni Ca.97, Caproni Ca.101 e Fiat C.R.20, substituídos posteriormente por máis modernos IMAM Ro.37 e Caproni Ca.111 (recoñecemento), e Caproni Ca.133 e Savoia-Marchetti S.81 (bombardeo).
Nas últimas etapas da guerra os italianos despregaron ata 386 avións. Os pilotos da Regia Aeronautica non tiveron ningunha oposición no aire, xa que a Forza Aérea do Imperio de Etiopía tiña tan só 15 avións de transporte e enlace, e deles só nove estaban operativos. Porén, a Regia Aeronautica perdeu 72 avións e 122 tripulantes mentres apoiaba as operacións do Exército.Neulen 2000, pp. 22-23 Tras o final das hostilidades o 5 de maio de 1936, durante os 13 seguintes meses a forza aérea tivo que apoiar ás forzas italianas na súa loita contra as guerrillas etíopes.Neulen 2000, p. 23
Guerra civil española miniatura|240x240px|Fiat CR.32 da Aviación Lexionaria durante a guerra civil española Durante o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pilotos italianos con uniformes da Lexión Española transportaron o exército de África de Francisco Franco do Marrocos español a España. Na guerra civil española os pilotos italianos loitaron cos pilotos da Aviación Nacional e da Luftwaffe alemá como membros da Aviación Lexionaria (Aviazione legionaria). Esta despregadura tivo lugar entre xullo de 1936 e marzo de 1939 e complementaba unha forza expedicionaria de tropas de terra italianas chamada Corpo Truppe Volontarie. En España os pilotos italianos estiveron baixo mando directo do bando sublevado e tomaron parte en operacións conxuntas cos pilotos da Lexión Cóndor alemá. Mussolini enviou 6 000 efectivos de aviación ademais duns 720 avións, incluídos 100 bombardeiros Savoia Marchetti SM.79 e 380-400 biplanos Fiat CR.32 que dominaron o aire, demostrando ser superiores que Polikarpov soviéticos da Forza Aérea da República Española. A Aviazione legionaria conseguiu unhas 500 vitorias aéreas, perdendo 86 avións en combate aéreo e uns 200 tripulantes.Neulen 2000, p. 25 Pero máis importante que as perdas materiais foron as conclusións equivocadas sacadas da guerra en España. O Ministerio de Aviación, cegado polo éxito do Fiat CR.32, insistiu na súa crenza de que os biplanos podían dominar aínda o aire e pediu grandes cantidades do Fiat CR.42 Falco, o derradeiro biplano da historia.Neulen 2000, p. 26
Segunda guerra mundial En xullo de 1939, a Regia Aeronautica era vista como unha gran forza aérea, tendo máis récords mundiais que calquera outra no mundo.Neulen 2000, p. 29 Cando comezou a segunda guerra mundial tiña unha forza no papel de 3 296 aeronaves. Aínda que numericamente tiña unha forza a ter en conta, viuse obstaculizada pola industria aeronáutica local que aínda utilizaba métodos de produción obsoletos. Só 2 000 avións estaban realmente operativos, dos cales tan só 166 eran cazas modernos, 89 Fiat G.50 Freccia e 77 Macchi MC.200, ámbolos dous máis lentos que potenciais opoñentes como o Hawker Hurricane, o Supermarine Spitfire e o Dewoitine D.520. Ademais, a Regia Aeronautica non tiña cazas de longo alcance ou cazas nocturnos,Neulen 2000, p. 30 e a asistencia técnica proporcionada por Alemaña non mellorou a situación.
Batalla de Francia