Christopher Keon Johnson, nado o 10 de marzo de 2002 en Shelbyville, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Johnson foi seleccionado na 21ª posición do Draft da NBA de 2021 polos New York Knicks e foi traspasado ós Los Angeles Clippers.
O 4 de febreiro de 2022, Johnson foi traspasado xunto a Eric Bledsoe e Justise Winslow ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.
O 27 de setembro de 2023, Johnson foi traspasado xunto a Grayson Allen, Jusuf Nurkić e Nassir Little ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers. O 23 de outubro, os Suns cortaron a Johnson pouco antes do comezo da tempada.
O 1 de novembro de 2023, Johnson asinou cos Brooklyn Nets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets