O Livro de Horas de D. Manuel é un dos manuscritos iluminados máis importantes producidos en Portugal no século XVI. Características
Foi decorado en parte por António de Holanda, entre o c. 1517 e c. 1538 e está dedicado a D. Manuel I, do que se inclúen exequias nunha das páxinas. Ten 303 follas de pergamiño e 58 iluminacións a toda páxina. Consérvase no Museu Nacional de Arte Antiga, en Lisboa.
Os folios iniciais (1 a 4) presentan as instrucións en portugués para coñecer a Letra dominical e o número áureo nos calendarios que permitirán coñecer as datas das festas móbiles asociadas á Semana Santa, cuxa táboa se presenta no folio 24. Nos folios 5 a 23 está o calendario litúrxico en latín, cunha iluminación ao comezo de cada mes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Livro de Horas de D. Manuel, Lisboa, estudo introdutório. Prensa Nacional - Casa da Moeda, 1983, Colección Presenças da imagem.
Outros artigos Metón Ciclo metónico Iluminación Manuscrito Ano trópico Libro de horas Libro de horas da raíña María de Navarra Renacemento portugués
Ligazóns externas Libro de Horas de D. Manuel. Proxecto Memoria: Pedro Álvares Cabral Carlos Kullberg. Selos de Portugal, Álbum VI
Categoría:Libros de horas Categoría:Pintura do Renacemento