Juniperus procera é unha conífera orixinaria das zonas montañosas de África e da península Arábiga.
É unha árbore característica da flora afromontana.
Taxonomía Descrición Juniperus procera foi descrita por Hochst. ex Endl. e publicado en Synopsis Coniferarum 26. 1847.Original description by
Etimoloxía Juniperus: nome xenérico que procede do latín iuniperus, que é o nome do xenebreiro.Juniperus en Flora de Canarias .
procera: epíteto latíno que significa "alto".En Epítetos Botánicos.
Sinónimos Juniperus abyssinica K.Koch Juniperus hochstetteri Antoine Sabina procera (Hochst. ex Endl.) AntoineJuniperus procera en PlantList
Características Juniperus procera é unha árbore de tamaño mediano que alcanza unha altura de 20-25 m (raramente 40 m), cun tronco de até 1,5 ou 2 m de diámetro e unha ampla copa arredondada ou irregular de forma cónica.
As follas son de dúas formas, as xuvenís en forma de agulla, con follas de 8-15 mm de longo en plántulas, e as adultas en forma de escama de 0,5-3 mm de longo nas plantas máis vellas, dispostas en parellas o en verticilos de tres.
É en gran parte dioica, con plantas masculinas e femininas separadas, pero algunhas plantas individuais presentan espécimes de ambos os sexos.
Os conos con bagas, de 4-8 mm de diámetro, de cor negra azulada cunha flor cerosa abrancazada, e que contén 2-5 sementes que maduran en 12-18 meses. Os conos masculinos miden 3-5 mm de longo, e verten seu pole en primavera.(Arquivada en Wayback Machine).
Distribución Juniperus procera é orixinaria da península Arábiga (en Arabia Saudita e o Iemen), e do noroeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical (Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malawi, Mozambique, República Democrática do Congo, República do Congo, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe.
É o único xenebreiro que se encontra ao sur da liña ecuatorial, e pénsase que é un colonizador relativamente recente de África; a especie mostra moi pequena variabilidade, asociada cun longo período de evolución.
Especie relacionada Está estreitamente relacionado con Juniperus excelsa, do suroeste de Asia, probabelmente derivado dun antepasado común.
Usos É unha árbore importante pola súa madeira, que se utiliza para a construción de vivendas, para postes, e para mobiliario. A casca utilízase para a construción de colmeas.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Adams, R. P. (2004): Junipers of the World: The genus Juniperus. Victoria: Trafford. ISBN 1-4120-4250-X.
Outros artigos Coníferas Juniperus
Ligazóns externas Juniperus procera Hochst. ex Endl. na EOL. Juniperus procera Hochst. ex Endl. no IPNI.
Categoría:Juniperus Categoría:Flora de África Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1847 Categoría:Madeiras