Maria Amélia Carvalheira da Silva, nada en Vila Nova de Cerveira o 4 de setembro de 1904 e finada en Lisboa o 31 de decembro de 1998, foi unha escultora portuguesa, considerada un dos máximos expoñentes da arte sacra do país.

Traxectoria Orixinaria da freguesía de Gondarém, foi discípula de Salvador Barata Feyo, profesor da Escola de Belas Artes do Porto. Deuse a coñecer en 1949 ao lograr o premio de Artes Plásticas Mestre Manuel Pereira coa obra San Xoán de Deus, en barro policromado. Realizou e participou en exposicións tanto en Portugal coma no estranxeiro.

É autora da escultura O Anxo de Portugal (1958) e da escultura da Nosa Señora e de todas as Estacións da Vía Sacra dos Valinhos (1956) en Fátima, así como de seis estatuas da columnata do santuario da Nosa Señora de Fátima, de 2,3 metros cada unha e que representan a Santa Tareixa de Ávila, San Francisco de Sales, Santo Afonso María de Ligorio, San Simón Stock, Santo Ignacio de Loyola e San Xoán da Cruz. Tamén é autora doutras moitas esculturas de arte sacra espalladas por todo Portugal.

En 1992 recibiu, do entón cardeal patriarca de Lisboa, António Ribeiro, a condecoración da Santa Sé Pro Eclesia et Pontificia. O 28 de maio de 1992 o presidente portugués Mário Soares atribuíulle o grao de comendadora da Orde do Mérito.

O concello de Lisboa deulle no ano 2004 o seu nome a un xardín da freguesía das Avenidas Novas .

Notas

Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Vila Nova de Cerveira Categoría:Escultores do século XX