María Heloísa Juana Rojas Corradi, coñecida como Maisa Rojas, nada en Temuco o 10 de agosto de 1972, é unha física, climatóloga e investigadora chilena. É especialista en estudos sobre a comprensión da evolución e dinámica do clima no hemisferio sur do planeta Terra.
O 11 de marzo de 2022 asumiu o cargo de Ministra de Medio Ambiente do goberno de Chile, presidido por Gabriel Boric.
Traxectoria
Maisa Rojas naceu en Temuco en 1972. Obtivo a súa Licenciatura de Ciencias con mención en Física na Facultade de Ciencias da Universidade de Chile en 1996, e doutorouse en Física da Atmosfera pola Universidade de Oxford en 2001.
Ata inicios do 2022 foi directora do Centro de Ciencia do Clima e Resiliencia (CR)2.É ademais académica do Departamento de Xeofísica da Universidade de Chile. As súas liñas de investigación son o paleoclima e o modelaxe do cambio climático rexional.En 2022 era investigadora adxunta no Núcleo Milenio sobre o paleoclima no hemisferio sur.Na área do cambio climático rexional o seu traballo inclúe a avaliación do impacto do cambio climático na agricultura e nos recursos hídricos, actividade que desenvolve como investigadora asociada do Centro de Ciencia do Clima e Resiliencia (CR)2.
Foi autora líder do capítulo paleoclimático e do resumo para tomadores de decisións do Quinto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 2014.Ademais, colaborou no Sexto Informe tamén como coordinadora de autores.
Na 25ª Conferencia da ONU sobre o Cambio Climático (COP25) celebrada en Chile en decembro de 2019, foi a coordinadora do comité científico.
En agosto de 2021, anunciouse que formaría parte do International Climate Councils, que busca proporcionar asesoramento e avaliacións formais, baseadas en evidencia, sobre mitigación do clima e políticas de adaptación. O mes seguinte expuxo sobre a crise climática na Convención Constitucional de Chile.
Durante a segunda volta das eleccións presidenciais de Chile en 2021 exerceu como voceira da axenda medioambiental de Gabriel Boric. Unha vez electo presidente, Boric designouna Ministra do Medio Ambiente.
Obras Nota: Esta é unha lista dos traballos científicos máis citados da investigadora; para revisar a listaxe completa revise o perfil da investigadora en ORCID.
Premios e recoñecementos
Premio Energía de Mujer 2020, premio outorgado por Enel Chile,na categoría de Medio Ambiente e Sostenibilidade
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Científicos de Chile Categoría:Ministros de Chile Categoría:Alumnos da Universidade de Chile Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Temuco Categoría:Climatólogos de Chile