A Canadian Bank Note Company (CBNC) é unha compañía canadense dedicada á impresión de seguridade. Ten a súa sede en Ottawa, Ontario, e desde 1935 ten un contrato co Banco do Canadá para lle subministrar o papel moeda que pon en circulación.
A compañía ten tamén entre os seus clientes outras empresas de titularidade privada, así como diversos gobernos e entidades administrativas, bancos centrais e servizos postais de todo o mundo.
Ademais de billetes, a CBNC produce selos postais e documentos de seguridade como pasaportes,"Border Security". Canadian Bank Note Company. carnés de conducir,"Driver & Vehicle Information". Canadian Bank Note Company. billetes de lotaría,"Lottery & Gaming". Canadian Bank Note Company. documentos de identificación e outros."National Identification & Registry ". Canadian Bank Note Company.
Historia En 1897, a CBNC estableceuse como unha división da compañía estadounidense American Bank Note Company (actualmente ABCorp), con sede en Nova York.Bagnall, J. (2016). "As time (and cash) goes by: A history of the Canadian Bank Note company". En Ottawa Citizen. 22 de xullo.
En 1910 constituíuse como empresa independente e en 1973 a súa matriz, a American Banknote Company, vendeulle o 60 % ao empresario de Ottawa Charles Worthen.
A partir de 1976, Douglas Arends foi adquirindo o control total da compañía e desde entón ten a súa sede en Ottawa, Ontario.
En outubro de 2006, a compañía estadounidense RR Donnelley completou a adquisición do negocio de impresión financeira da CBNC, consistente na produción de documentación para as ofertas públicas iniciais."Canada Bank Note sells division to US company". 21 de setembro de 2006. PrintCan. Canada's Printing News Authority.
No relativo ao seu negocio internacional, en 1982 a CBNC adquiriu unha nova planta en Ogdensburg, Nova York, para subministrar selos de correos ao Servizo Postal dos Estados Unidos. En 1991 acadou un importante contrato con Ucraína para a produción de papel moeda para ese país e o mesmo sucedeu en 2011 con Nova Zelandia."CBN crea una nueva serie de billetes para el Banco de Reserva de Nueva Zelanda". Canadian Bank Note Company. Ademais, desde 2014, a Canadian Bank Note Company é o principal provedor de pasaportes de lectura mecánica utilizados no grupo de países da Comunidade do Caribe (CARICOM),"Canadian Bank Note Company assures highest passport quality". Sknis.info. 11 de decembro de 2014. que serven para promover a facilidade dos desprazamentos dentro do Mercado e Economía Únicos do Caribe (CSME)."Canadian firm to supply machine-readable passports to Guyana". En Caribbean Net News. 11 de decembro de 2006.
Galería Esta é unha mostra dalgúns dos produtos impresos pola Canadian Bank Note Company:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Dólar canadense Real Casa da Moeda do Canadá
Ligazóns externas
Sitio web da Canadian Bank Note Company
Categoría:Empresas do Canadá Categoría:Fabricantes de billetes Categoría:Moedas do Canadá Categoría:Billetes Categoría:Ontario