Carlos Iglesias Cores, nado na Illa de Arousa en 1981, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria É licenciado en Dereito. Nas municipais de 2011 foi o número 2 do PSdeG-PSOE na Illa de Arousa, sendo primeiro tenente de alcalde, concelleiro de urbanismo e portavoz do goberno. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura socialista, trala renuncia a presentarse á reelección do alcalde José Manuel Vázquez Vázquez, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta tralas municipais de 2019. En decembro de 2019 foi elixido vicepresidente da Mancomunidade do Salnés. Non se presentou á reelección nas municipais de 2023Carlos Iglesias no se volverá a presentar como candidato a la Alcaldía de A Illa de Arousa, sendo sucedido á fronte do PSdeG e finalmente da alcaldía polo seu compañeiro Luis Arosa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Illa de Arousa
Ligazóns externas Carlos Iglesias asume Urbanismo y será el portavoz del gobierno. La Voz de Galicia . «Os auténticos irredutibles somos nós» (26/5/2015). La Voz de Galicia. Carlos Iglesias, alcalde de A Illa: «No tengo hijos; vivo bien» (21/9/2021). La Voz de Galicia .
Categoría:Alcaldes da Illa de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na Illa de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes