miniatura|dereita|Yuriy Yekhanurov Yuriy Yekhanurov (Юрій Єхануров) é un político ucraíno de orixe buriata. Traxectoria Naceu o 23 de agosto de 1948 na vila de Belkachi, no extremo norte da entón RSS de Iacutia, estudou na escola da construción en Kíiv e desenvolveu a súa vida laboral en Ucraína, cando este país se independizou en 1991 Yekhanurov traballou para o goberno de Kíiv no desenvolvemento das reformas económicas, foi viceministro de economía en 1993 e estivo ó cargo do organismo encargado de coordinar as privatizacións (1994-1997), foi ministro de economía brevemente en 1997. Elixido para o Parlamento de Ucraína (1998), foi Primeiro Viceprimeiro ministro (1999-2001). Foi primeiro ministro entre o 8 de setembro de 2005 e o 4 de agosto de 2006.

Categoría:Primeiros ministros de Ucraína Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados na República de Sakha Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Económica de Kíiv