O estadio Wankdorf (en ) foi un estadio de fútbol que estaba situado no barrio de Wankdorf, en Berna, Suíza. Xogaba nel como local o BSC Young Boys. Foi construído en 1925 e acolleu importantes partidos internacionais, como as finais do Mundial de 1954, da Copa de Europa 1960-61 e da Recopa de Europa 1988/89.
O estadio foi demolido en 2001, e substituído en 2005 polo Stade de Suisse (hoxe chamado Stadion Wankdorf), situado no mesmo lugar.
Historia O estadio Wankdorf orixinal foi inaugurado en 1925 despois dun período de sete meses de obras. Tiña unha capacidade de 22.000 espectadores e o primeiro partido internacional que albergou celebrouse o 8 de novembro de 1925. 18.000 espectadores presenciaron aquel día a vitoria por 2-0 da selección suíza sobre Austria. esquerda|miniatura|250x250px| Vista do estadio durante a súa demolición en 2001. De 1933 a 1939, o estadio foi gradualmente ampliado, engadíndoselle un campo de adestramento adicional e, finalmente, construíndose novas bancadas para aumentar a capacidade ata os 42.000 espectadores. Para a Copa do Mundo de 1954, o estadio foi demolido e pouco antes de comezar o torneo inaugurouse un novo con capacidade para 64.000 espectadores. O 4 de xullo de 1954 disputouse nel a histórica final coñecida como a "Milagre de Berna", a inesperada vitoria por 3-2 da selección alemá sobre o equipo húngaro, converténdose o estadio nunha icona da historia do fútbol.
Albergou dúas grandes finais máis. A primeira delas foi a final da edición 1960/61 da Copa de Europa entre o Benfica e o FC Barcelona, na que saíu vitorioso o equipo portugués por 3-2. En 1989, o estadio foi a sede da final da Recopa de Europa, na que o Barcelona derrotou por 2-0 á Sampdoria.
O último partido no estadio xogouse o 7 de xullo de 2001. Nel, o Young Boys empatou 1–1 contra o FC Lugano.
A continuación o estadio foi demolido e no verán de 2005 inaugurouse no seu lugar o novo Stade de Suisse.
Mundial de Fútbol de 1954 O estadio Wankdorf acolleu cinco partidos do Mundial de Fútbol de 1954, incluída a final. Data Hora(UTC+1) Equipo 1 Res. Equipo 2 Redondo Asistencia 16 de xuño de 1954 18:00 2–0 Grupo 3 20.500 17 de xuño de 1954 18:00 4–1 Grupo 2 28.000 20 de xuño de 1954 17:10 2–0 Grupo 4 43.119 27 de xuño de 1954 17:00 4–2 Cuartos de final 40.000 4 de xullo de 1954 17:00 3–2 Final 62.500
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Galería de imaxes do antigo estadio Wankdorf e do novo Stade de Suisse
Categoría:Estadios de fútbol de Suíza Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1954 Categoría:Berna