John Richardson, nado en Dumfries o 5 de novembro de 1787, e finado en Grasmere (Cumbria Inglaterra), o 5 de xuño de 1865, foi explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés.

Traxectoria John Richardson realizou os seus estudos de Medicina na Universidade de Edimburgo e obtivo o seu diploma no famoso Royal College de Ciruexiáns de Londres en 1807. Durante 48 anos foi médico da Royal Navy. Navegou entre 1807 e 1814 por España, Quebec, Madeira e o mar Báltico.

miniatura|esquerda|Richardson no seu estudio.

Desde 1819 a 1822 participou na Expedición Coppermine, a primeira expedición de John Franklin, polas costas árticas canadenses, xunto con George Back, encargándose das seccións de botánica ictioloxía e xeoloxía.

Tamén participou na segunda expedición de Franklin (1824-1827), na que se recoñeceron máis de 1500 km de costas. A pesar de terríbeis penurias, recolleron unha colección moi rica.

Entre 1848 e 1849 dirixiu unha expedición de rescate para buscar a expedición perdida de Franklin. Pero foi unha expedición sen éxito e nin sequera acharon o navío de Franklin.

Richardson foi o autor de numerosos traballos de historia natural, especialmente de ictioloxía. Publicou, con William Swainson, a Fauna Boreali Americana.

Estudou as aves levadas de regreso por William Edward Parry na súa viaxe de 1821-1823 cara ao Gran Norte.

Un dos seus bisnetos, Nevill Francis Mott, foi un renomeado físico británico que recibiu o Premio Nobel de Física en 1977 polas súas investigacións teóricas sobre o comportamento electrónico de sistemas magnéticos. Recoñecementos

Foi nomeado cabaleiro en 1846, e laureado coa Royal Medal da Royal Society en 1856.

Algunhas obras Fauna Boreali-Americana or The Zoology of the northern parts of British America. Murray, Londres 1829–1831. Icones Piscium, 1843. An Arctic Searching Expedition, 1851. Catalogue of Apodal Fish in the British Museum, 1856. Yarrell's history of British Fishes, 2ª ed. 1860. The Polar Regions, 1861. The Zoology of the voyage of H.M.S. Erebus & Terror, under the command of Captain Sir James Clark Ross during the years 1839 to 1843. Janson, Londres 1844–1875. The Museum of Natural History. Nova York, 1862.

Abreviaturas A abreviatura Richardson emprégase para recoñecer a John Richardson como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Richardson, John (1787-1865) no IPNI. A abreviatura Richardson emprégase para recoñecer a John Richardson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Biografía en Dictionary of Canadian Biography.

Ligazóns externas Obras de John Richardson en BHL. Obras de John Richardson en Faded Page (Canadé). Obras de John Richardson en Open Library. Obras de ou sobre John Richardson en Internet Archive.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Royal Navy Categoría:Botánicos de Escocia Categoría:Ictiólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1787 Categoría:Finados en 1865