O Pacto Anticomintern, Antikomintern ou Anti-Komintern asinouse o 25 de novembro de 1936 entre o Imperio do Xapón e a Alemaña nazi, onde ambas as nacións se comprometeron a tomar medidas para protexerse da ameaza da Internacional Comunista (Komintern).
Historia e contido miniatura|200x200px| O embaixador xaponés Kintomo Mushakoji e o ministro alemán Joachim von Ribbentrop na firma do pacto.|esquerda O pacto, basicamente, era específico para garantir a capacidade do "Eixe" para atacar unha potencial ameaza soviética en dúas frontes: ao Leste con Alemaña e ao Oeste con Xapón, tentando deter o avance da Unión Soviética e pro-Revolucións da Unión Soviética en Asia.
En caso de ataque da Unión Soviética contra Alemaña ou Xapón, estes dous últimos comprometéronse a consultar as medidas a tomar para protexer os seus intereses comúns. Tamén acordaron que ningún dos dous concluiría tratados políticos coa Unión Soviética. Alemaña, ademais, aceptou recoñecer a Manchukuo, o Estado-fantoche xaponés en Manchuria. En 1937, Italia uniuse ao Pacto, formando o grupo que máis tarde sería coñecido como o Eixo. En 1939 incorporáronse España, Hungría e Manchukuo. A pesar do pacto de non agresión xermano-soviético de 1939 (pacto Molotov-Ribbentrop) e do tratado de neutralidade asinado por Tokyo con Moscova, o pacto foi renovado por outros cinco anos en novembro de 1941.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Pacto de Aceiro Pacto Tripartito ou Pacto do Eixo Pacto de Múnic Pacto Molotov-Ribbentrop
Ligazóns externas Declaración de Ribbentrop sobre a declaración de guerra á Unión Soviética o 22 de xuño de 1941 Texto do Pacto Anti-Komintern Texto do Protocolo Complementario do Pacto Texto da adhesión italiana ao Pacto
Categoría:Relacións internacionais de Alemaña Categoría:Relacións internacionais de Italia Categoría:Relacións internacionais do Xapón Categoría:Relacións internacionais de España Categoría:Relacións internacionais de Hungría Categoría:Tratados internacionais