Introduction (en ; Inteurodeoksyeon) é un filme surcoreano de 2021 escrito e dirixido por Hong Sang-soo. Está protagonizado por Shin Seok-ho, Park Mi-so e Kim Min-hee. O filme estreouse internacionalmente no Festival de Berlín en marzo de 2021, onde gañou o Oso de Prata ó mellor guión. Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 27 de maio de 2021.

Estreouse subtitulado en galego o 12 de marzo de 2022 a través de NUMAX (Santiago de Compostela).

Personaxes O elenco está composto por: Shin Seokho como Youngho Park Miso como Juwon Kim Young-ho como pai Gi Ju-bong Joo-Bong Ki como actor vello Young-hwa Seo como nai de Juwon Kim Min-hee como pintora Cho Yoon-hee como nai de Youngho Ji-won Ye como enfermeira Ha Seongguk como amigo de Youngho

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Hong Sang-soo Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego