O HAL Tejas é un caza multirrol lixeiro indio con á delta deseñado por Aeronautical Development Agency (ADA) en colaboración co Aircraft Research and Design Centre (ARDC) de Hindustan Aeronautics Limited (HAL) para a Forza Aérea da India e a Armada da India. Procede do programa Light Combat Aircraft (LCA), iniciado nos anos 80 para substituír os vellos cazas MiG-21 da India pero posteriormente formou parte dun programa xeral para a modernización da frota. En 2003 o programa LCA pasou a chamarse oficialmente "Tejas". É o avión máis pequeno da súa clase de avións contemporáneos de combate supersónicos.
O Tejas é o segundo caza supersónico desenvolvido por HAL tras o HAL HF-24 Marut. O Tejas logrou a autorización operativa inicial en 2011 e a final en 2019. O primeiro escuadrón de Tejas, o No. 45 Squadron IAF Flying Daggers, estivo operativo en 2016, substituíndo os seus MiG-21.
No presente o Tejas ten tres modelos de produción, o Tejas Mark 1, o Mark 1A e unha variante de adestramento. A Forza Aérea da India ten un pedido por 40 Tejas Mark 1 e 83 Tejas Mark 1A, incluídos avións de adestramento. A Forza Aérea ten plans para mercar 324 avións de todas as variantes, incluído o Tejas Mark 2 que está desenvolvendo HAL. Agárdase que o Tejas Mark 2 estea listo para a fabricación en serie cara 2026-27.
Notas
Categoría:Aeronaves de HAL Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2001 Categoría:Cazas a reacción de cuarta xeración