Jesús Alonso Fernández, nado en Boiro o 20 de decembro de 1929 e finado o 27 de maio de 2022,Piñeiro, Alba (27/5/2022). "Luto oficial en Boiro por el fallecimiento de Jesús Alonso Fernández, fundador de la conservera Jealsa" . foi un empresario e político galego. Foi o fundador e presidente do grupo Jealsa-Rianxeira e alcalde de Boiro durante 8 anos.

Traxectoria empresarial De adolescente seus pais mandárono estudar comercio a Vilagarcía. Unha vez titulado, e tras traballar nun banco na capital arousá, regresou a Boiro, onde a súa familia rexentaba unha tenda de tecidos e paquetería. Deste negocio montou unha empresa de confección máis grande en 1954, Jealfer, da cal abriu unha factoría máis grande en 1960. No ano 1958 fundou a empresa conserveira Jealsa, situada no porto do Bodión, na parroquia boirense de Abanqueiro, a cal a día de hoxe é líder mundial en manufacturación de atún e dá emprego a máis de 2000 persoas en Boiro e a comarca do Barbanza. O grupo Jealsa facturou 704 millóns de euros (2021) e está presidido na actualidade por Jesús Manuel Alonso Escurís, fillo de Jesús Alonso Fernández.

Jesús Alonso tamén foi socio fundador, en 1974, xunto cos outros empresarios españois, de Albacora.

Coa chegada do século XXI, a empresa decidiu dar o salto e emprende a súa internacionalización no continente americano. A primeira empresa que se pon en marcha é IACASA, en Guatemala, no ano 2000. En 2002, Jealsa comprou Pesquera Trans Antartic en Chile, propietaria da marca de conservas Robinson Crusoe. En 2010, Jesús Alonso toma a iniciativa de expandir Jealsa no Brasil, onde tamén construíu e puxo en marcha unha planta conserveira propia; no Brasil, tamén impulsa Crusoe Foods e introdúcea no seu estado Ceará. Na actualidade, Crusoe Foods, con oficina comercial en Fortaleza e São Paulo, ten unha planta de produción en São Gonzalo de Amarante e é unha das primeiras empresas conserveiras do Brasil.

Traxectoria política Coa chegada da democracia militou en Alianza Popular. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Boiro, mellorando os resultados de 1987, sendo a segunda forza máis votada con seis concelleiros, pero sen conseguir gañarlle ó PSdeG-PSOE de Manuel Velo Velo, polo que foi o voceiro popular na oposición. Nas municipais de 1995 foi elixido alcalde ao lograr unha ampla maioría absoluta con 11 concelleiros de 17. No 1999 mantivo a maioría absoluta malia perder 1000 votos e 2 concelleiros, polo que quedou con 9 concelleiros, tan só 1 por riba dos grupos da oposición. No 2003 logrou 8 concelleiros e perdeu a maioría absoluta, polo que os demais grupos se uniron e fixeron alcalde ao nacionalista Xosé Deira Triñanes. En decembro de 2003 dimitiu como concelleiro, sendo substituído como voceiro do PPdeG por Manuel López Outeiral.

Tras a súa morte en maio de 2022 decretáronse en Boiro tres días de loito oficial.

Vida persoal Casou con Pura Escurís Batalla, coa que tivo 5 fillos, Puri, Jesús M., Juan L., Javier e Miguel.

Recoñecementos Medalla de prata de Galicia 1999 Medalla de Ouro da Federación de Empresarios do Barbanza. 2005. Premio Galego do ano do grupo El Correo Gallego 2012. Cruz de Prata da Orde do Mérito da Garda Civil. 2013. I Premio á Excelencia Empresarial do Club Financeiro de Santiago. 2013. Premio Familia Empresaria. Asociación Galega da Empresa Familiar. 2009.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Boiro Ligazóns externas Ares, Moncho (20/12/2019). "Jesús Alonso Fernández cumple 90 años: por el hilo llegó al ovillo del atún" La Voz de Galicia . Ares, Moncho (6/12/2003). "Un hombre perseguido por la insidia". La Voz de Galicia .

Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Empresarios de Galicia