Thymallus baicalensis é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no WoRMS. Consultado o 12 de marzo de 2022.Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2022.Thymallus baicalensis (Dybowski, 1874) no BioLib. Consultado o 14 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1874 polo médico e naturalista polaco Benedykt Dybowski., baixo o nome de Thymallus grubii var. baicalensis.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmemnte válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Thymallus arcticus baicalensis Dybowski, 1874 Thymallus grubii var. baicalensis Dybowski, 1874 (protónimo)
Nota taxonómica Anteriormente considerábase unha subespecie do tímalo ártico, Thymallus arcticus baicalensis, pero actualmente é unha das varias especies de tímalo de Siberia e Asia oriental, as máis próximas das cales son Thymallys nikolskyi, T. svetovidovi, T. brevicephalus e T. brevirostris. A distinción destes taxons está apoiada pola filoxenia das súas liñaxes de ADN mitocondrial. T. baicalensis tamén se disgtingue por un patrón de coloración distinto da aleta dorsal.
Distribución Thymallus baicalensis encóntrase no lago Baikal, e en toda a conca do río Ienisei, e tamén nalgúns afluentes orientais do río Obi.Weiss, S. J. et al. (2021): "Global systematic diversity, range distributions, conservation and taxonomic assessments of graylings (Teleostei: Salmonidae; Thymallus spp.)". Organisms Diversity & Evolution 21: 25–42.
Características e bioloxía O tímalo do Baikal pode chegar a medir até 38 cm de lonxitude e a 1,2 kg de peso. Desprázase principalmente por fondos pedregosos a pouca profundidade, alimentándose de larvas de tricópteros e de plecópteros, crustáceos da orde dos anfípodos e de ovos de peixes.Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2006); Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 en FishBase.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Berg, L. S. (1962): Freshwater fishes of the USSR and adjacent countries. Volume 1, 4th edition. Xerusalén: Israel Program for Scientific Translations Ltd.
Categoría:Salmónidos