A dinastía Pahlavi (en persa: سلسله پهلوی) é a derradeira dinastía real iraniana, gobernando durante case 54 anos entre 1925 e 1979. A dinastía foi fundada por Reza Shah, un soldado mazanderaní . A dinastía tomou o nome da lingua pahlavi que se falaba no Imperio sasánida preislámico para reforzar as súas credenciais nacionalistas.
Orixes A dinastía foi fundada por Reza Shah. O seu pai era un mazanderaní comisionado no 7º Rexemento Savadkuh, e serviu no asedio de Herat en 1856. A súa nai era unha inmigrante musulmá xeorxiana de Xeorxia (daquela formaba parte do Imperio Ruso).
Historia O réxime Pahlavi establecido por Reza Shah foi un réxime laico, nacionalista, militarista e anti-comunista.Michael P. Zirinsky (1992). Imperial Power and Dictatorship: Britain and the Rise of Reza Shah, 1921-1926. International Journal of Middle East Studies 24. Cambridge University Press. pp. 639–663. Aínda que el mesmo tiña orixe no Mazandarán, o seu goberno levou a cabo unha ampla política de persización tentando crear unha nación única, unida e en gran parte homoxénea, semellante á política de turquificación de Mustafa Kemal Atatürk en Turquía tras a caída do Imperio Otomán. Despois do Reza Shah, o seu fillo Mohammad Reza Shah tomou o seu lugar.
Na segunda guerra mundial Despois da invasión nazi da Unión Soviética (operación Barbarossa) en xuño de 1941, Gran Bretaña e a URSS convertéronse en aliados. Viron no recentemente inaugurado ferrocarril Trans-Iraniano unha ruta atractiva para transportar subministracións desde o Golfo Pérsico até a Unión Soviética. En agosto de 1941, coa negativa de Reza Shah a expulsar cidadáns alemáns, a Gran Bretaña e a Unión Soviética invadiron Irán, arrestaron ao Sha e enviárono ao exilio, tomando o control das comunicacións e do ferrocarril de Irán.
En 1942 os Estados Unidos, un aliado de Gran Bretaña e da URSS durante a guerra, enviaron unha forza militar a Irán para axudar a manter e operar seccións do ferrocarril. Durante os próximos meses, as tres nacións tomaron o control dos recursos petrolíferos de Irán e aseguraron un corredor de subministración.
O réxime de Reza Shah derrubouse e as autoridades estadounidenses, británicas e soviéticas limitaron os poderes do goberno que quedaban. Permitiron ao fillo de Reza Shah, Mohammad Reza Pahlavi acceder ao trono. Finalmente, a dinastía chegou ao seu fin coa revolución iraniana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Mohammad Réza Pahlavi, le dernier shah (1919-1980). Yves Bomati et Houchang Nahavandi, Paris, Perrin, 3 xaneiro de 2013, 230 p. (ISBN 978-2-262-03587-7)
Outros artigos
Persia Irán Revolución iraniana Conferencia de Teherán
Categoría:Familias reais Categoría:Personalidades de Irán