Carl Erwin Walz, nado en Cleveland, Ohio, o 6 de setembro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-51, STS-65, STS-108, STS-111 e STS-79 e foi membro da Expedición 4 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Walz graduouse en física pola Universidade do Estado de Kent en 1977 e é máster en física do estado sólido pola Universidade John Carroll en 1979. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990. Participou nas misións STS-51, STS-65, STS-108, STS-111 e STS-79 e foi membro da Expedición 4 á Estación Espacial Internacional. Pasou 230,54 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51 STS-65 STS-108 STS-111 STS-79 Expedición 4 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Ohio