Jesús López Bermúdez, nado na Coruña o 23 de abril de 1913 e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 1993, foi un médico galego.
Traxectoria Formouse como médico en París. Exerceu como médico no exército republicano dende os primeiros días da guerra nas milicias que defenderon Madrid, e despois noutras frontes durante a guerra. Coa derrota da República exiliouse en Francia e estivo internado nos campos de concentración de Barcarés e Argèles-sur-Mer, onde exerceu como médico. Participou nas actividades de resistencia contra a ocupación nazi. Regresou a Galicia en 1954, e volveu exercer como médico na Coruña. Foi académico de número da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Morreu nesa cidade o 21 de setembro de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-9-1993, p. 36, 70.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes