Lucía Lijtmaer Paskvan, nada en Buenos Aires en 1977, é unha xornalista e escritora nada na Arxentina e criada en Barcelona, cidade onde se exiliaron os seus pais. É especialista en cultura pop desde a perspectiva de xénero. Tamén é comisaria cultural, tradutora literaria e profesora de universidade. Ten colaborado con diversos medios de comunicación, entre eles El País, ElDiario.es, RAC1 e Carne cruda.

Traxectoria Filla de exiliados arxentinos, criouse en Barcelona. É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Barcelona e MA Xornalismo Internacional pola Universidade de Westminster. Está especializada en cultura pop e colabora en diversos medios de comunicación. Deu clases na Facultade de Comunicación Dixital da Universidade de Vic e na Universidade de Barcelona.

Tamén é comisaria do festival "Princesas e Darthvaders" mesturando humor e cultura de guerrilla para falar de feminismos e que en 2017 celebrou a súa terceira edición.

Recoñécese como exiliada de segunda xeración e así o contaba na presentación da súa primeira novela Casi nada que ponerte, na que Lijtmaer aborda a reconstrución do pasado inmediato dun país, Arxentina, que saltou polo aire en 2001 e a construción da súa propia persoa como filla de exiliados en España. Unha investigación iniciada en 2008 cuxo primeiro borrador terminou en 2011. Quedou durante un tempo nun caixón ata que a editorial Libros del Lince decidiu publicala en 2016.

En 2015, realizou unha investigación en primeira persoa sobre a Deep Web que publicou co título Quiero los secretos del Pentágono y los quiero ahora (2015). Dous anos despois, en 2017, publicou Yo también soy una chica lista, un ensaio desenfadado en defensa do feminismo no que se revelan os mecanismos machistas invisibles da cultura pop.

Escribiu, entre outros diarios, en ADN e Público, colabora habitualmente en medios de comunicación, foi profesora de universidade, fixo radio e traduciu a Jarvis Cocker. Tamén colaborou con El País, ElDiario.es, Carne cruda e RAC1.

Xunto a Isa Calderón protagoniza o podcast quincenal Deforme Semanal Ideal Total, un show feminista onde en clave de humor fan unha crítica ao heteropatriarcado e percorren todo tipo de temáticas desde unha perspectiva de xénero.

Recoñecementos En outubro de 2021, o podcast Deforme semanal ideal total de Radio Primavera Sound dirixido, producido e conducido por Lijtmaer e Isa Calderón recibiu o Premio Ondas ao Mellor podcast ou programa de emisión dixital. Este recoñecemento foi concedido ex aequo ao podcast Estirando el chicle de Victoria Martín e Carolina Iglesias emitido en Podium Podcast.

Obra

Quiero los secretos del Pentágono y los quiero ahora (2015). Capitán Swing. Casi nada que ponerte (2016). Libros del Lince. Cultura en tensión (2016). Varios autores: Jordi Oliveras Serrano, Nando CruzV, Lucía Lijtmaer, César Rendueles, Marina Garcés, Ramon Faura e Joan Miquel Gual. Rayo Verde. Colección: Ciclogénesis. ISBN 9788416689002. Yo también soy una chica lista (2017). Editorial Destino. ISBN 9788423352357. Ofendiditos (2019). Editorial Anagrama. ISBN 9788433916303. Cauterio (2022). Editorial Anagrama. 222 páxs. ISBN 978-84-339-9946-7. Notas

Ligazóns externas

Conversación entre Lucia Lijtmaer e Laura Fernández presentando ol libro "Casi nada que ponerte" Librería Calders. 2016 “¿Qué es eso de “colectivo de las mujeres”?, somos la mitad de la población.” 

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Premio Ondas Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Westminster Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Buenos Aires