María López Suárez, nada en Ferrol en 1977, é unha filóloga galega vinculada ao mundo editorial.

Traxectoria

É licenciada en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, cun posgrao en Teoría da literatura e literatura comparada. Estuda así mesmo o grao de Filosofía pola UNED.

Traballou como correctora editorial para editoriais como Kalandraka e Edicións Xerais. Como editora, foi coordinadora editorial de narrativa para Edicións Xerais entre marzo de 2019 e novembro de 2020, editorial para a cal tamén fixo labores de tradución.

Tradución A cara norte do corazón, de Dolores Redondo (Xerais, 2019) O infinito nun xunco, de Irene Vallejo (Xerais, 2021), finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de Tradución

Notas

Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1977