Pablo José Rivero Rodrigo, nado en Madrid o 11 de outubro de 1980, é un actor e escritor español coñecido por interpretar a Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó de Televisión Española.

Traxectoria O papel que lle deu sona é o de Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó da Televisión Española, personaxe que interpretou regularmente desde a estrea desta produción en 2001 até a fin da serie en 2023. Este traballo compaxinouno co cine, participando en multitude de películas nos últimos anos entre as que cabe destacar El chocolate del loro (2004), de Ernesto Martín, ou La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz.

Posou para o polémico fotógrafo e cineasta Bruce LaBruce. O seu retrato, caracterizado como un anxo provocativo, incluíse nunha mostra sobre LaBruce en Madrid en febreiro de 2012.

En 2017, o actor escribe a súa primeira novela, No volveré a tener miedo; un suspense familiar ambientado na década de 1990 que indaga nas causas dun parricidio.

En xuño de 2020 publica a súa segunda novela, Penitencia, onde narra a historia dun actor atormentado polo personaxe de asasino que leva vinte anos interpretando e que o deixa todo para retirase a unha casa perdida no bosque. Estraños sucesos impedirán que o protagonista poida esquecer o seu alter ego.

Vida persoal En setembro de 2020, Rivero revelou publicamente a súa homosexualidade, ao tempo que daba a coñecer que tiña un fillo en común coa súa parella.

Cine

Café de puchero (1998), de Luis Miguel González Cruz. Menos es más (2000), de Pascal Jongen. Clara y Elena (2001), de Manuel Iborra. Muerte súbita (2002), de Pablo Guerrero. El chocolate del loro (2004), de Ernesto Martín. Esta es la noche (2005), de Ana Rodríguez Rosell. La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz. El ciclo Dreyer (2006), de Álvaro del Amo. Villa tranquila (2007), de Jesús Mora. No me pidas que te bese, porque te besaré (2008), de Albert Espinosa. Íntimos y extraños (2009), de Rubén Alonso. Tres metros sobre el cielo (2010), de Fernando González Molina. De tu ventana a la mía (2011), de Paula Ortiz. Viral (2013), de Lucas Figueroa. Neckan (2015), de Gonzalo Tapia. Paella Today (2018), de César Sabater. ¿Qué te juegas? (2019), de Inés de León.

Televisión

Series Ano Serie Canal Personaxe Notas 1999 - 2000 El comisario Telecinco Botóns 2 episodios 2000 Compañeros Antena 3 Fer La ley y la vida La 1 Pipo 5 episodios La casa de los líos Antena 3 Ramiro 1 episodio 2001 Ciudad sur Federico 3 episodios Paraíso La 1 1 episodio Antivicio Antena 3 2001 - presente Cuéntame cómo pasó La 1 Antonio "Toni" Alcántara Fernández ¿? episodios

Programas Ano Programa Canal Función Notas2017Hora punta La 1Invitado1 programa2020PasapalabraAntena 3Invitado3 programas 2021 Celebrity Bake Off Amazon Prime Video Concursante10 programas - Gañador2022Las tres puertasLa 1Invitado1 programa

Teatro La caída de los Dioses (2011) Los hijos se han dormido (2012) Fausto (2014) Siempre me resistí a que terminara el verano (2015) El sirviente (2019)

Obras No volveré a tener miedo (2017, SUMA) Penitencia (2020, SUMA) La niñas que soñaban con ser vistas (2021, SUMA) La cría (2022, SUMA)

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores da Comunidade de Madrid