; en , é un filme de 2021 dirixido por Arthur Harari e escrito por Vincent Poymiro, coa colaboración de Bernard Cendron. Está libremente inspirado no libro sobre a vida de Hiroo Onoda. É unha coprodución internacional entre Francia, o Xapón, Alemaña, Bélxica, Italia e Camboxa.

O filme está protagonizado por Yuya Endo no papel de Onoda, un soldado xaponés que se negou a crer que a segunda guerra mundial rematara e continuou loitando nunha remota illa de Filipinas até o ano 1974. Está particularmente inspirado na biografía de 1974 de Cendron e Gérard Chenu Onoda, seul en guerre dans la jungle, nos arquivos de Cendron e nas conversas de Harari con el. Non se basea nas propias memorias de Onoda, e Harari considera o filme como unha ficción máis ca un filme biográfico.

Personaxes

Yuya Endo como Hiroo Onoda de mozo Kanji Tsuda como Hiroo Onoda de vello Yuya Matsuura como Kinshichi Kozuka de mozo Tetsuya Chiba como Kinshichi Kozuka de vello Shinsuke Kato como Shimada Kai Inowaki como Akatsu Issey Ogata como Maior Taniguchi Taiga Nakano como Norio Suzuki Nobuhiro Suwa como Tanejirō Onoda Mutsuo Yoshioka como Capitán Hayakawa Tomomitsu Adachi como Segundo Kuroda Kyusaku Shimada como Tenente Suehiro Angeli Bayani como Iniez Jemuel Cedrick Satumba como prisioneiro filipino

Estrea O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 7 de xullo de 2021.

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Camboxa Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego