Os Peninos (Pennines en inglés) son unha formación montañosa situada entre o sur de Escocia e o norte de Inglaterra. Adoitan chamarse "a columna vertebral de Inglaterra"... Os Peninos forman unha cadea continua que se estende desde Midlands, pasando polos Yorkshire Dales, partes de Manchester, ata o leste de Lancashire e Cumbria, perdéndose nos Cheviot Hills, na fronteira escocesa. A súa lonxitude total é de aproximadamente 250 millas, uns 400 quilómetros.
Etimoloxía O nome Pennines (Penines), crese que provén do celta: "pennioroches", cuxo significado sería "outeiros", aínda que a referencia escrita máis antiga do nome data do século XVIII. A difusión do nome probabelmente estivo influenciada polos Apeninos italianos, que vén dada por unha viaxe da nobreza inglesa a Italia (o Grand Tour) no século XVIII.
Altura e dimensións Os Peninos non son moi relevantes en canto a altura, son relativamente baixos e a miúdo considéranse meros outeiros. O pico máis alto, Cross Fell, ten 893 metros de altura. Outros picos importantes son Mickle Fell con 788 metros e Whernside con 736 metros.
Clima
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Apeninos Alpes Peninos
Categoría:Montañas do Reino Unido