Lois II de Anjou, nado en Tolosa en 1377 e finado en Angerso 29 de abril de 1417, duque de Anjou, conde da Provenza e rei titular de Sicilia e Nápoles.
Traxectoria Proclamado como Lois II, rei de Sicilia na catedral de Bari en 1384. Foi coroado rei de Sicilia en Aviñón o 1 de novembro de 1384 polo antipapa Clemente VII, en presenza de Carlos VI de Francia.
Era fillo de Lois I de Nápoles (descendente da dinastía Valois ) e de María de Blois-Châtillon. Deu protección aos papas de Aviñón e a Bieito XIII.
Matrimonio e fillos Do seu matrimonio con Iolanda de Aragón naceron:
Lois III (1403 – 1434), duque de Anjou, rei de Nápoles María (1404 – 1463), esposa do rei de Francia, Carlos VII . René (1408 – 1480), duque de Anjou, duque de Bar, duque de Lorena, rei titular de Sicilia e Nápoles. Iolanda (1412 – 1440), esposa de Francisco I da Bretaña. Charles (1414 – 1472), conde de Maine.
Grazas ao seu matrimonio, en 1410, á morte de Martiño I de Aragón, reclamou a Coroa de Aragón, pero as súas aspiracións foron decepcionadas, xa que foi elixido o seu rival, o infante castelán Fernando de Antequera. Así mesmo, durante os sete anos que lle quedaban na súa vida, continuou proclamándose "Rei de Aragón".
Notas
Véxase tamén
Predecesor:Lois IDuque de AnjouConde de Maine e Provenza1384 - 1417Sucesor:Lois IIIPredecesor:Lois I e Ladislau I Rei de Nápoles1384 (1390) - (1399) 1417Sucesor: Ladislau I e Lois III Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1377 Categoría:Finados en 1417 Categoría:Nados en Angers Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Condes do Maine Categoría:Condes da Provenza Categoría:Duques de Anjou