Fernando Villapol Parapar, nado en Santiso de Abres (Asturias) o 26 de febreiro de 1953, é un museólogo e crítico de arte, pero máis coñecido como escultor contemporáneo galego.​ Casado coa profesora María Antonia Salgado,Connversa mantida en Bretoña con Fernando Villapol e a súa dona o 23 de maio de 2022. son pais da científica Sonia Villapol,Dato citado na presentación do libro 'Ciencia e conciencia. Historia social' de Fernando Villapol en Ribadeo, o día das letras galegas de 2022.

Traxectoria

alt=Rei e Raíña da noite, en madeira de castiñeira, 1998.|miniatura|Rei e Raíña da noite, en madeira de castiñeira, 1998.

alt=Pensamentos no vértice, mármore, 2002.|miniatura|Pensamentos no vértice, mármore, 2002.

Ten desenvolvido o groso da súa vida e traballo en Bretoña (Terra Chá, Lugo). Fundou o Museo Etnográfico-Pedagóxico Villapol en Bretoña. Estudou na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón en Lugo, aínda que considérase autodidacta. Atribúe moitos dos seus coñecementos ás súas viaxes e investigacións escultóricas a traverso de países como Cuba, Canadá, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Noruega, Portugal, Suecia ou varios de África.

As súas esculturas teñen como base gran variedade de materiais, como o metal (ferro, bronce), madeira (castiñeiro, carballo, teixo) ou pedra (mármore, granito).

A definición que se fai do seu traballo nas críticas apuntan ás súas esculturas como combinación de realismo, surrealismo e Abstracción. El mesmo afirma terse inspirado en Diego Velázquez, Urbano Lugrís, Eugenio Granell e Salvador Dalí. Recente é a suxestión de ser definido por unha fusión das tres categorías citadas: REalismo + ABstractismo + SUrrealismo. alt=Fernando Villapol (centro) na presentación do seu libro 'ciencia e conciencia. Historia social', con Francisco J. Campos (á esquerda, presentador) e X. Brais (á dereita, representante da Deputación)|miniatura|Fernando Villapol (centro) na presentación do seu libro 'ciencia e conciencia. Historia social', con Francisco J. Campos (á esquerda, presentador) e X. Brais (á dereita, representante da Deputación). Como crítico, ten producido artigos en diversos campos, publicando ademais en 2022 o libro Ciencia e conciencia. Historia social (editado pola Deputación de Lugo), onde fai unha análise da historia da familia Villapol dende a Idade Media.

Museo Etnográfico-Pedagóxico alt=Fernando Villapol na entrada da súa casa en Bretoña|miniatura|Fernando Villapol na entrada da súa casa en Bretoña O Museo Etnográfico-Pedagóxico está localizado en Bretoña. Foi fundado por Villapol, inaugurado no 2002​. Contén un amplo contido de obras de arte contemporánea e pezas da etnografía rural galega. Amósase a evolución de varios oficios da Galicia rural nas pasadas décadas: zoqueiro, panadero, carpinteiro, zapateiro, cesteiro ou agricultor. Asemade, unha representación recrea unha escola rural unitaria, instrumentos dun médico rural, dun dentista, ou dun químico, sempre no marco do século XIX. Tamén expón manuscritos orixinais de autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antón Fraguas, Iglesia Alvariño, Camilo Barcía Trelles ou Castroviejo, así como unha colección de pinturas de artistas contemporáneos: Urbano Lugrís, Laxeiro, Castro Gil, Mariano García Patiño ou Mayor Balboa. Outra das coleccóns inclúe máis de 2000 sifóns orixinais.

Obra literaria

Ciencia e Conciencia. Historia Social (2023). Deputación de Lugo. 356 páxs. ISBN 978-84-8192-581-4. Ensaio.

Coleccións públicas

Museo Provincial de Lugo Museo Pedagóxico-Etnográfico Museo Comarcal da Fonsagrada

Selección de exposicións individuais

Biblioteca González Garcés (A Coruña) Museo Provincial de Lugo Ateneo de Ourense Sala Edificio Administrativo Xunta de Galicia (en Lugo e Pontevedra) Biblioteca Provincial de Lugo Sala Esmelgar (Lugo) Sala Bacabú (Lugo) Sala de Arte Sargadelos (Vigo) Sala Eiros (Meira) Sala de arte Solloso (Ribadeo) Casa de cultura Taramundi Casa de cultura de A Guarda Casa de cultura de San Tirso Museo Comarcal da Fonsagrada Sala de arte Puerta II (Lugo) Casa de cultura de Cangas de Morrazo Grisolart Galeries (Barcelona) Igrexa da Madalena, Ribadavia Sala de exposicións Universidad Sek (Segovia) Expo Salnés, Cambados El Vendrell (Tarragona) Casa da Cultura, Vegadeo Casa da Cultura, Burela Sala Álvaro Delgado, Luarca Sala Cultural Cajastur (en Avilés, Mieres e Xixón) Teatro Campoamor, Oviedo. Casa Galicia de Madrid Musée des Antiquités (París) Houston Public Library, Texas, Estados Unidos de América Castelo de Melgaço (Portugal)

Recoñecementos

Arte -Meigas e Trasnos- (Sarria, 1990) Premio de escultura cidade de Lugo (1994) Certame de Arte en Cangas de Morrazo (2004-2006) 10 Edición de Arte de Burela, primeiro premio de escultura (2005) Certame Nacional de Arte de Luarca (2006)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Fernando Villapol Páxina web do Museo etnográfico-pedagóxico Biografía en Galegos, Galicia Dixital

Categoría:Escultores de Galicia

Categoría:Nados en 1953

Categoría:Nados en Santiso de Abres