Thomas Alastair Sutherland Ogilvie ('Taso') Mathieson, nado o 25 de xullo de 1908 en Glasgow e finado o 12 de outubro de 1991 en Vichy, estilizado como T.A.S.O. Mathieson e ás veces referido como Donald Mathieson, foi un piloto de carreiras británico e autor de libros de historia do automóbil.
Andaina nas carreiras e vida persoal 'Taso' era fillo de Thomas Ogilvie Mathieson. A súa familia era propietaria da empresa escocesa de fabricación de ferramentas manuais Alexander Mathieson & Sons.
'Taso' Mathieson comezou a correr en 1930, cando participou nunha carreira en Brooklands restrinxida a Lagondas. Logrou a súa primeira vitoria durante unha reunión aberta do BARC durante as vacacións de Pascua o 28 de marzo de 1932, conducindo un Officine Meccaniche sobrealimentado. Durante os dous anos seguintes, gañou tres carreiras co seu Bugatti e bateu o récord de volta para coches de 2 litros no Snaefell Mountain Course na Illa de Man, cunha velocidade media de 116,11 km/h.
thumb|Un Bugatti Type 57 de 1936 como o de Mathieson usado en 1938 Debido a problemas de saúde, Mathieson non puido participar en ningunha carreira de 1934 a 1937, polo que o seu Bugatti pilotouno algunhas veces Chris Staniland. En 1938 e 1939 participou nas 24 Horas de Le Mans, pero as dúas veces retirouse antes do final.
Mathieson foi un dos primeiros, se non o primeiro, británico en correr de novo na Europa continental despois da Segunda guerra mundial, correndo cun ex Maserati de 3 litros de Henry Birkin en 1946. O 30 de maio, correu na Copa da Resistancia e retirouse cunha fuga de aceite. Inscribiuse no Grand Prix des Frontières o 9 de xuño, pero en cambio correu na Copa René le Bègue celebrada o mesmo día, quedando quinto. O 16 de xuño, asistiu ao Gran Premio de Bélxica en Bruxelas, pero non comezou. Quedou sexto no Gran Premio de Roussillon o 30 de xuño, e o 28 de xullo correu o Gran Premio de Nantes, retirándose por problemas de motor.
Mathieson participou nun ERA Tipo E con Leslie Johnson como piloto, no Richmond Trophy de 1949,, Jersey Road Race e British Empire Trophy, así como o Gran Premio do Reino Unido de 1950. Algunhas fontes atribúenas como participacións oficiais de ERA porque Johnson comprara o fabricante do coche tres anos antes. Mathieson mercou un Frazer Nash Le Mans de 2 litros no que logrou unha vitoria de clase nas 24 Horas de Le Mans de 1950 con Richard "Dickie" Stoop.
Continuou correndo ata 1955, participando principalmente nos Grandes Premios en Francia. Cando resultou ferido nun accidente de tráfico ou de carreiras, viuse obrigado a retirarse. Despois de 25 anos de carreiras, Mathieson concentrouse na escritura e na súa colección de fotografías, xunto coa súa esposa Mila Parély, unha actriz francesa coa que casara en 1947. escribiu varios libros autorizados, incluíndo Grand Prix Racing 1906-1914, e escribiu varios artigos na revista francesa Le Fanauto en 1979 e 1980.
Resultados nas carreiras AnoDataCarreiraEquipoCocheCopilotoResultado193314 de xullo1933 Mannin MoarT. MathiesonBugatti Tipo 35CnonRet7 de outubroDonington Park Trophy21 de outubroMountain Championship193822 de maioGran Premio de AnveresBugatti Tipo 575 de xuñoGrand Prix des FrontièresTASO Mathiesonnon3º19-20 de xuño24 Horas de Le Mans de 1938DNA19–20 de xuño24 Horas de Le Mans de 1938Norbert MahéTalbot-Lago T150CFreddy CliffordRet (17º)10 de xullo24 Horas de SpaTalbot-Lago T150CDNA3 de setembroRAC Tourist TrophyTASO MathiesonBugatti Tipo 57non20º193928 de maioGrand Prix des FrontièresT. MathiesonMaseratinonDNA18-19 de xuño24 Horas de Le Mans de 1939Luigi ChinettiTalbot-Lago T26Luigi ChinettiRet (24º)TASO MathiesonTalbot 150SS FigoniPhilippe de MassaNorbert MahéNTS *194630 de maioResistance CupMaserati 8CRet9 de xuño1946 René le Bègue Cup5th16 de xuñoGran Premio de BruxelasTASO MathiesonTalbot-LagononNTS30 de xuñoGran Premio de RoussillonMaserati 8C6º194713 de xulloNational Gransden (Fórmula Libre)John WyerHRGnonDNA194926 de xuño24 Horas de Le Mans de 1949Mrs. R.P. HichensAston Martin 2-Litre SportsPierre MaréchalRet (22º) †195025 de xuño24 Horas de Le Mans de 1950H.J. AldingtonFrazer Nash Mille MigliaRichard StoopXeral 9ºClase 1º195117 de xuñoCircuíto do Porto Frazer Nash Le Mans Replica9012 de agostoCircuíto de Senigallia5º9 de setembroTarga FlorioTASO MathiesonJacques PolletRet195229 de xuñoFerrari 195 S 100pxXeral 6ºClase 1º7 de xuño12 Horas de Hyères Maserati A6GCS20 de xuñogran Premio de Roubaix 6º28 de xuñoCircuíto de Bressuire3º25 de xullogran premio de CaenScuderia della Guestellanon4ºFontes:
Mathieson era o propietario do equipo, non un piloto. † Pierre Maréchal morreu nun accidente.
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Pos. Clase 1938 Norbert Jean Mahé Freddy Clifford Talbot T150C5.0159Ret.(Lume) 1939 Luigi Chinetti Luigi Chinetti Talbot T265.0154Ret,(Contacto) 1949 Mrs. R.P. Hichens(private entrant) Pierre Marechal Aston Martin DB2S2.0192Ret.(Accidente) 1950 H.J. Aldington(equipo privado) Richard "Dickie" Stoop Frazer Nash Milla MigliaS2.0235 9th 1º
Resultados completos na Targa Florio Ano Equipo Co-Pilotoos Coche Clase Voltas Pos. Pos. Clase 1951 T.A.S.O. Mathieson Jacques Pollet Frazer Nash Le Mans ReplicaS+1.14Ret.(Motor) 1952 ??? ??? Ferrari 195 S BarchettaS+2.08 6º 1º
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas T.A.S.O. Mathieson at racingsportscars.com.
Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Glasgow