miniatura|dereita|Funeral de John Reed. John Reed, nado o 22 de outubro de 1887 en Portland, Oregón, e finado en Moscova o 19 de outubro de 1920, foi un xornalista e escritor estadounidense e activista e político comunista.
Traxectoria Procedente dunha familia acomodada de Oregón, fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de Francia, Italia, Alemaña, Turquía e Rusia na primeira guerra mundial. O réxime tsarista encarcelouno en 1916 polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra Ten Days that Shook the World (en galego, Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á revolución bolxevique.
De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o Partido Comunista dos Estados Unidos, mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a URSS, onde falecería de tifo ao ano seguinte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Reed, J. (2009) Diez días que estremecieron el mundo, Biblioteca Pensamiento Crítico, Público. Ligazóns externas 15px Vidas Contadas en RNE .
Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos comunistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Finados por tifo