dereita|miniatura|300x300px| Predominio de súrzhik en diferentes rexións de Ucraína. Datos do Instituto Internacional de Socioloxía de Kíiv (KIIS) para 2003. O termo súrzhik (en ruso, су́ржик) refírese ás variedades mixtas derivadas do contacto entre as linguas rusa e ucraína en varias rexións de Ucraína e os seus territorios limítrofes. Non hai necesariamente un conxunto de características comúns; algúns autores afirmaron que o termo é xeralmente aplicábel «á desobediencia ou descoñecemento das normas das variedades estándar de ruso e ucraíno».
A palabra súrzhik deriva de súrozh, termo ruso antigo para a mestura de fariña de trigo e centeo, no sentido de fariña de trigo adulterada. Neste senso, converteuse nunha etiqueta colectiva pexorativa para as variedades lingüísticas non-estándar que disolven a fronteira lingüística entre os idiomas estándar ruso e ucraíno.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Lingua rusa Categoría:Lingua ucraína Categoría:Dialectoloxía