Moeda de 10 francos Hércules "10 Francs". Numista.com165x165px165x165pxA/: Hércules espido, entre a Liberdade e a Igualdade. Sinatura do gravador (Dupré) no exergo. Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ.R/: Valor facial e data no interior de dúas pólas de oliveira e de carballo. Lendas: REPUBLIQUE FRANÇAISE / 10 FRANCS Datas: 1964-1973. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Agustin Dupré. Aliaxe: Prata (90 %), cobre (10 %). Diámetro: 37 mm. Peso: 25 g. Espesor: 3,00 mm. Canto: con ornamentos.

A moeda de 10 francos Hércules é unha moeda francesa de prata deste valor facial, emitida entre 1965 e 1973, caracterizada pola figura de Hércules no seu anverso.

A moeda foi creada mediante o Decreto 65-15, do 9 de xaneiro de 1965, asinado polo presidente da República Francesa, Charles de Gaulle."Décret n°65-16 du 9 janvier 1965 autorisant la fabrication de pièces de 10 F [...]". Journal officiel de la République française. 12 de xaneiro de 1965. Páxinas 293-294.

Tratábase dunha moeda de curso legal, aínda que a súa presenza na circulación foi practicamente nula, por mor do seu peso e o seu diámetro excesivos. Comezouse a emitir en 1964 e deixouse de cuñar en 1973, aínda que non foi ata 1980 cando foi retirada da circulación, debido ao crecemento dos prezos da prata, que provocou que o valor intrínseco do metal superase o seu valor facial."Décret n°80-148 du 15 février 1980 autorisant la démonétisation des pièces de 5 F en argent, de 10 F en argent et de 50 F en argent". Journal officiel de la République française. 19 de febreiro de 1980."Les pièces de monnaie françaises de 10 et 50 francs Hercule ". Sacra-moneta.com

Deseño O seu deseño responde ao tipo Hércules, creado por Agustin Dupré inicialmente para a moeda de 5 francos da I República, cuñada por vez primeira en 1795,"5 Francs Union et Force". Numista.com e que foi retomado posteriromente para diversas moedas francesas.

Anverso miniatura|Deseño de Augustin Dupré para a moeda de 5 francos de 1795, retomado para os 10 francos Hércules. O anverso está caracterizado pola figura espida de Hércules, cunha pel de león ás súas costas, reconciliando a Liberdade coa Igualdade, que están en pé aos seus lados. A Liberdade está á súa dereita e sostén unha pica coroada por un barrete frixio, en tanto que a Igualdade está á súa esquerda, e sostén un perpendículo. O anverso complétase co lema LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ na parte superior e a sinatura do deseñador no exergo.

Reverso Pola súa banda, no reverso amósase o valor facial 10 FRANCS como motivo principal, no interior dunha coroa composta por pólas de oliveira e de carballo, rodeada pola lenda RÉPUBLIQUE FRANÇAISE a ambos os lados e coa data no exergo.

Canto O canto, creado polo Gravador Xeral de Moedas Raymond Joly, reproduce en relevo diversos motivos, separados por estrelas e rombos, de temática agropecuaria (acio de uvas, galo e mada de trigo), do comercio (caduceo, corno da abundancia e balanza) e da industria (compás, engrenaxe e martelo).

Tiraxes Estas son as tiraxes anuais da moeda de 10 francos franceses tipo Hércules. Ademais das cantidades da emisións ordinaria, que figuran na táboa, con data 1964 cuñáronse a maiores 3.500 exemplares a modo de proba con deseño idéntico, aínda que no seu reverso se engadiu a palabra ESSAI na parte inferior, baixo a cinta que une ambas as pólas; outras 131 pezas datadas en 1964 a modo de proba carecen da palabra ESSAI."Essai de 10 francs Hercule 1964 Paris". Cgb.fr

+Tiraxes anuaisAno de emisiónExemplares cuñados19658.085.50019669.806.671196710.101.80519683.887.4001969760.55019704.808.5001971513.0001972915.0001973206.500Total39.084.926

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda de 50 francos Hércules Monnaie de Paris Franco francés

Ligazóns externas Valeur des pièces de 10 francs argent (Sacra-moneta.com)

Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas de prata