O McDonnell Douglas (agora Boeing) AV-8B Harrier II é un avión de ataque a terra monomotor que constitúe a segunda xeración da familia Harrier Jump Jet, capaz de realizar engalaxes e aterraxes verticais ou curtas (V/STOL). O avión empregase principalmente en misións de ataque lixeiro ou multirrol, que van dende o apoio aéreo próximo de tropas terrestres ata recoñecemento armado. O AV-8B é usado polo Corpo de Marines dos Estados Unidos (USMC), a Armada Española, e a Armada de Italia. Unha variante do AV-8B, o British Aerospace Harrier II, desenvolveuse para os militares británicos, mentres que outra, o TAV-8B, é un adestrador de dous asentos.
O proxecto que finalmente levou á creación do AV-8B comezou a principios dos anos 70 como un esforzo colaborativo entre os Estados Unidos e o Reino Unido, destinado a abordar as deficiencias operativas da primeira xeración Hawker Siddeley Harrier. Os primeiros esforzos centráronse nun motor Pegasus máis grande e potente para mellorar drasticamente as capacidades do Harrier. Debido a restricións orzamentarias o Reino Unido abandonou o proxecto en 1975. Tras a retirada do Reino Unido, McDonnell Douglas redeseñou amplamente o AV-8A Harrier para crear o AV-8B. Aínda que mantén o esquema xeral do seu predecesor, o avión incorpora unha nova á de materiais compostos máis grande cun soporte adicional en cada lado, unha cabina elevada, unha fuselaxe redeseñada e outros refinamentos estruturais e aerodinámicos. O avión está impulsado por unha versión actualizada do Pegasus. O AV-8B realizou o seu primeiro voo novembro de 1981 e entrou en servizo co USMC en xaneiro de 1985. Posteriores actualizacións engadiron capacidade de ataque nocturno e radar, resultando nas versións AV-8B(NA) e AV-8B Harrier II Plus, respectivamente. Estudouse tamén unha versión agrandada chamada Harrier III pero non se seguiu adiante con ela. O Reino Unido, a través de British Aerospace, volveu a unirse ao proxecto do Harrier mellorado como socio en 1981, tendo unha participación significativa no proxecto. Tras distintas fusións corporativas nos anos 90, Boeing e BAE Systems apoiaron conxuntamente o programa. Fabricáronse uns 340 avións nos 22 anos de produción que rematou en 2003.
Operado normalmente dende pequenos portaavións, grandes buques anfibios de asalto e bases operativas avanzadas sinxelas, os AV-8B participaron en numerosas operacións militares e humanitarias, demostrando ser aparellos moi versátiles. O xeneral do Exército dos Estados Unidos Norman Schwarzkopf nomeou aos Harrier II do USMC como unha das armas máis importantes na guerra do Golfo. Tamén operou na Operación Enduring Freedom en Afganistán dende 2001, na guerra de Iraq dende 2003, e usouse na Operación Odyssey Dawn en Libia en 2011. Os Harrier II de Italia e España participaron en coflitos no estranxeiro xunto con coalicións da OTAN. Durante a súa historia de servizo, o AV-8B tivo unha alta taxa de accidentes, relacionada coa porcentaxe de tempo pasado nas fases críticas de engalaxe e aterraxe. Os AV-8B da USMC e da Armada de Italia están sendo substituídos polo Lockheed Martin F-35B Lightning II, e Italia agarda operar os seus Harrier ata 2025.
Desenvolvemento
Orixes A finais dos 60 e principios dos 70 a primeira xeración de Harriers entrou en servizo coa Royal Air Force (RAF) e o USMC, pero estaban limitados en alcance e carga útil. En configuración de englaxes e aterraxes curtas, o AV-8A (designación estadounidense para o Harrier) levaba menos da metade dos 1 800 kg de carga útil do máis pequeno A-4 Skyhawk, cun alcance máis limitado.Donald e March 2004, p. 55 Para solucionar isto, Hawker Siddeley e McDonnell Douglas comezaron a desenvolver conxuntamente unha versión máis capaz do Harrier en 1973. Os primeiros esforzos concentráronse nun motor Pegasus mellorado, designado Pegasus 15, que foi probado por Bristol Siddeley.Wilson 2000, p. 26 Aínda que máis potente, o diámetro do motor era demasiado grande para encaixar doadamente no Harrier.Jenkins 1998, pp. 69-70
En decembro de 1973 un equipo conxunto estadounidense e británico completou un documento de proxecto para definir un Harrier avanzado equipado co motor Pegasus 15. O Harrier avanzado estaba destinado a substituír os Harriers orixinais na RAF e no USMC, así como aos A-4 Skyhawk do USMC.Nordeen 2006, p. 41 O obxectivo do novo Harrier era duplicar a carga útil e o alcance do AV-8 polo que foi chamado AV-16 de forma non oficial. O goberno británico retirouse do proxecto en marzo de 1975 debido á diminución de orzamento para defensa, o aumento dos custos, e o requisito insuficiente de 60 avións para a RAF.Eden 2004, p. 288 Cos custos de desenvolvemento estimados en 180-200 millóns de libras,Flight International 1974, p. 762 Estados Unidos non estaba disposto a financiar o desenvolvemento só, dando por finalizado o proxecto ese mesmo ano.Jackson 1987, p. 138
A pesar do remate do proxecto, as dúas compañías continuaron tomando diferentes camiños cara a un Harrier mellorado. Hawker Siddeley centrouse nunha nova á máis grande que podía adaptarse aos avións xa existentes, mentres que McDonnell Douglas perseguiu de xeito independente un proxecto menos ambicioso, aínda que caro, para satisfacer as necesidades dos militares estadounidenses. Usando os coñecementos obtidos co AV-16, aínda que deixando atrás algunhas cousas como o motor Pegasus máis grande, McDonnell Douglas mantivo a estrutura básica e e o motor para un avión deseñado para o USMC.Jenkins 1998, pp. 70-72
Fase de deseño e probas miniatura|250x250px|YAV-8B sendo convertido a partir dun AV-8A Como o USMC quería un Harrier substancialmente mellorado sen o desenvolvemento dun novo motor, o Departamento de Defensa estadounidense autorizou o desenvolvemento do Harrier II en 1976.Nordeen 2006, pp. 42-44, 48-49 A Armada dos Estados Unidos (USN), que tradicionalmente mercaba avións militares para o USMC, insistiu en que o novo deseño fose verificado con probas de voo.Nordeen 2006, pp. 41-43 McDonnell Douglas modificou dous AV-8A con novas ás, entradas de aire revisadas, toberas redeseñadas, e outros cambios aerodinámicos; a modificada fuselaxe dianteira e a cabina dos avións posteriores non se incorporaron a eses prototipos.Jenkins 1998, pp. 69-70, 72-73Wilson 2000, p. 28 Designado YAV-8B, o primeiro avión convertido voou o 9 de novembro de 1978. O avión realizou tres engalaxes verticais e flotou durante sete minutos no aeroporto de St. Louis Lambert.Flight International 1978, p. 1844 O segundo avión voou o 19 de febreiro de 1979, pero esnafrouse no mes de novembro dese ano debido a un apagado de motor, exectándose o piloto con éxito.Flight International 1979, p. 1743 As probas de voo deses AV-8 modificados continuaron en 1979. Os resultados amosaron unha resistencia maior da agardada, obstaculizando velocidade máxima do avión. Melloras no perfil aerodinámico produciron poucas melloras. Noutras áreas os resultados foron positivos, como na carga útil, alcance e rendemento V/STOL, levando a adxudicación dun contrato de desenvolvemento en 1979. O contrato estipulaba unha compra inicial de 12 avións, seguida por 324 máis.Wilson 2000, p. 29Nordeen 2006, pp. 48-49
Entre 1978 e 1980 o Departamento de Defensa e a USN intentaron repetidamente rematar co programa AV-8B. Anteriormente houbera un conflito ebtre o USMC e a USN sobre problemas orzamentarios. Na época, a USN quería mercar A-18 para a súa forza de ataque ao chan e, para aforrar, meteu presión ao USMC para que adoptase o caza F-18 cun deseño semellante en vez do AV-8B para realizar o rol de apoio aéreo próximo (os dous deseños fusionáronse para formar o F/A-18 Hornet multirrol).Nordeen 2006, p. 46 A pesar deses obstácuos burocráticos, en 1981 o Departamento de Defensa incluíu o Harrier II no seu orzamento anual e no plan quinquenal de defensa. A USN declinou participar na compra, citando o seu alcance e carga útil limitada en comparación con avións convencionais.Lehman 2001, p. 157
En agosto de 1981 o programa recibiu un impulso cando British Aerospace (BAe) e McDonnell Douglas asinaron un memorándum de entendemento, facendo que o Reino Unido volvese a entrar no programa. O goberno británico setíuse atraído polo custo de adquisición máis baixo prometido por unha maior produción, e o feito de que os Estados Unidos estivese asumindo os gastos de desenvolvemento.Jenkins 1998, p. 73 Segundo o acordo, BAe quedou relegada á posición de subcontratista, en vez de ter o status de socio completo no caso de que o Reino Unido non deixase o programa. En consecuencia, a compañía recibiu o 40% do traballo de fabricación. A produción dos avións levouse a cabo nas instalacións de McDonnell Douglas nos suburbios de St. Louis, Missouri, e a fabricación por parte de BAe realizouse nas súas instalacións de Kingston e Dunsfold en Surrey, Inglaterra.Gaines 1985, p. 148 Mentres tanto, o 75% do traballo no motor realizaríao Rolls-Royce, que absorbera a Bristol Siddeley, e o 25% restante asignouse a Pratt & Whitney. As dúas compañías planearon fabricar 400 Harrier II, agandando o USMC mercar 336 e a RAF 60.Flight International 1981, p. 705Nordeen 2006, p. 52
Construíronse catro avións de desenvolvemento a grande escala. O primeiro deles, usandoprincipalmente para probar o rendemento e o manexo, realizou o seu voo de estrea o 5 de novembro de 1981.Flight International 1981, p. 1456 O segundo e o terceiro, que introduciron extensións no bordo de ataque das raíces das ás e entradas revisadas dos motores, voaron en abril do ano seguinte, e o cuarto voou en xaneiro de 1984. O primeiro AV-8B de produción entregouse ao Marine Attack Training Squadron 203 (VMAT-203) na base de Cherry Point o 12 de decembro de 1983.Nordeen 2006, p. 59 O último do lote inicial de 12 entregouse en xaneiro de 1985 ao Marine Attack Squadron 331 de primeira liña.Nordeen 2006, p. 61 Eses avións tiñan motores F402-RR-404A, con 95,4 kN de pulo; a partir de 1990 os avións recibiron motores mellorados.
Actualizacións miniatura|250x250px|TAV-8B italiano Durante o curso inicial de conversión de pilotos fíxose evidente que o AV-8B tiña características de voo distintas ás do AV-8A. Esas diferenzas, así como a cabina dixital instalada en lugar da cabina analóxica do TAV-8A, necesitaban adestramento adicional para os pilotos.Jenkins 1998, pp. 76-77 En 1984 os fondos para oito AV-8B desviáronse ao desenvolvemento do adestrador bipraza TAV-8B. O primeiro dos 28 TAV-8B finalmente mercados realizou o seu voo de estrea o 21 de outubro de 1986.Wilson 2000, p. 39 Este avión foi entregado ao VMAT-203 o 24 de xullo de 1987.Nordeen 2006, p. 60 O TAV-8B tamén foi pedido por Italia e España.
Co interese de países como o Brasil, o Xapón e Italia servindo como unha fonte de estímulo para continuar desenvolvendo o Harrier II, McDonnell Douglas comezou a traballar nunha variante de ataque nocturno en 1985.Grove 1990, pp. 141-142 Coa adición dun sensor infravermello e melloras na interface da cabina,Elliot 1990, p. 56 o 87º AV-8B de produción converteuse no primeiro Harrier II modificado para ataques nocturnos, deixando a liña de produción de McDonnell Douglas en xuño de 1987. As probas de voo foron exitosas e a capacidade de ataque nocturno foi validada. O primeiro dos 66 AV-8B(NA) foi entregado ao USMC en setembro de 1989. Unha versión equivalente do AV-8B(NA) tamén operou coa RAF coa designación GR7; os primeiros avións GR5 foron posteriormente actualizados ao estándar GR7.Nordeen 2006, p. 92Jenkins 1998, p. 81