Maarten Arthur "Maarty" Leunen, nado o 3 de setembro de 1985 en Vancouver, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Leunen foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Houston Rockets, pero non chegou a xogar con eles e asinou co Darüşşafaka SK turco. En xullo de 2009, asinou co Pallacanestro Cantù da Lega Basket Serie A. En xullo de 2014, Leunen asinou un contrato dun ano co Ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.

O 11 de setembro de 2015, Leunen asinou co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A. En 2018, Leunen continuou a súa carreira na liga italiana tras asinar co Fortitudo Bologna, e o 15 de xullo de 2020, volveu ó Pallacanestro Cantù.

O 27 de outubro de 2021, Leunen anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en DraftExpress.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Washington Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK Categoría:Xogadores do Pallacanestro Cantù Categoría:Xogadores do Ratiopharm Ulm Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone‎ Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna