Henry Lee, nado en 1826 e finado o 31 de outubro de 1888, foi un naturalista inglés, coñecido como director e autor de acuarios e escritor.

Traxectoria Sucedeu a John Keast Lord como naturalista do acuario de Brighton en 1872, e foi durante un tempo director. No acuario instituíu experimentos sobre a migración dos osméridos, os hábitos do arenque, branquetas, caranguexos de río e outros temas.

Lee era un coleccionista afeccionado de espécimes de historia natural e microscopista. Foi membro da Linnean Society, Geological Society e Zoological Society, en Londres. Foi presidente do Quekett Microscopical Club de 1875 a 1877. Morreu, tras algúns anos de mala saúde, en Renton House, Brixton, o 31 de outubro de 1888.

Lee mostrouse escéptico ante as afirmacións da criptozooloxía e das serpes mariñas. O seu libro Sea Monsters Unmasked (1884) comparou os avistamentos do Kraken coa lura.Binns, Ronald. (1984). The Loch Ness Mystery Solved. Prometheus Books. p. 207. "Monsters Unmasked (1884) was an earnest attempt to demolish the case for the Kraken and the sea-serpent, attributing such sightings to the squid."

Obras Lee produciu Aquarium Notes ('Notas do acuario') para os visitantes. El escribiu:

The Octopus ('O polbo'), 1874, un relato popular. Sea Fables Explained e Sea Monsters Unmasked, dous da serie de manuais para a Exposición de Pesca de 1883, sobre o kraken, a serpe mariña, as sereas, o mito da árbore dos gansos-percebes e temas similares. The Vegetable Lamb of Tartary, ('O cordeiro vexetal da Tartaria'), 1887.

Foi colaborador de Land and Water.

Notas

Véxase tamén

Kraken Hidra de Lerna Árbore dos gansos Animalia Paradoxa Escepticismo Ilustración científica Paleoarte

Ligazóns externas

Traballos de Henry Lee en Project Gutenberg

Categoría:Finados en 1888 Categoría:Nados en 1826 Categoría:Naturalistas Categoría:Escépticos