miniatura| Boutique Lindt en Nova York. Lindt & Sprüngli é unha empresa suíza fabricante de chocolate fundada en 1845 por David Sprüngli-Schwarz e o seu fillo Rudolf Sprüngli-Ammann.
Historia
Século XIX En 1845, o pasteleiro David Sprüngli e o seu fillo Rudolf compraron dúas pastelerías na zona vella de Zúrich. Ao xubilar Rudolf en 1892, dividiu o seu negocio entre os seus fillos: o mozo David recibiu as pastelerías e o maior Johann Rudolf a fábrica de chocolate. Este adquiriu unha pequena fábrica de Rodolphe Lindt, o chocolateiro máis famoso da súa época, en Berna.
En 1879 desenvolveu unha técnica ("conche") coa que elaboraba un chocolate cun aroma e fusión característicos. O seu produto foi un éxito e contribuíu á reputación internacional do "chocolate suízo".
Século XX O proteccionismo global e as depresións na década de 1920 deixaron grandes perdas no mercado exterior, polo que se concentraron no suízo. A Segunda guerra mundial trouxo restricións de azucre e racionamento de cacao en 1943 pero a compañía conseguiu manterse.
Despois da guerra, houbo un crecemento da demanda no estranxeiro e Lindt comezou a súa expansión. En 1947 concedeu licenzas a Italia, en 1950 a Alemaña e Francia en 1954. En 1977 Lindt comezou a formar un grupo internacional de empresas e as vendas alcanzaron os 900 millóns de francos suízos. En 1994 Lindt & Sprüngli Austria foi fundada en Salzburgo e posteriormente trasladouse a Viena cando Lindt adquiriu o grupo vienés Hofbauer. Despois adquiriron o fabricante italiano "Caffarel". En xaneiro de 1998, Lindt & Sprüngli AG Suíza anunciou a adquisición da chocolateira "Ghirardelli Chocolate Company" en San Francisco, Estados Unidos. Século XXI dereita|227x227px|Trufa de chocolate Lindt. Lindt conta con máis de 300 tendas situadas en todos os continentes. O grupo está composto por fábricas en Suíza, Alemaña, Francia, Italia, Austria e os Estados Unidos, e filiais de vendas e distribución no Reino Unido, Polonia, España e o Canadá, e oficinas de vendas na Arxentina, Hong Kong e Dubai. Lindt tamén ten unha extensa rede de venda de distribuidores no mercado. No Brasil está presente dende 1969; anunciouse unha colaboración (joint venture) en marzo de 2014 co Grupo CRM, propietario de Kopenhagen e Brasil Cacau cunha participación do 51% nas accións e inaugurou a primeira tenda Lindt o 25 de xullo de 2014.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Página web oficial Confiserie Sprüngli
Categoría:Empresas de Suíza Categoría:Chocolate