Ricardo Gómez Varela, coñecido como Richard, nado en Melide o 12 de outubro de 1954, é un exfutbolista galego, que xogaba como defensa. É pai do tamén exfutbolista Nacho Novo.
Traxectoria Militou no Galiano ferrolán antes de ingresar no Racing de Ferrol en 1974. Ao pouco da súa chegada foi cedido ao Barallobre, co que xogou dúas tempadas na Serie A Rexional. Na tempada 1976/77 regresou ao Racing, co que xogou durante os seguintes tres anos, logrando dous ascensos consecutivos (de Terceira a Segunda B e de Segunda B a Segunda). Na súa terceira campaña disputou 33 partidos na Segunda División, descendendo de novo a Segunda B.
En 1979 foi traspasado ao Betis, a cambio de seis millóns de pesetas e da participación do club andaluz no Trofeo Concepción Arenal. Debutou co equipo sevillano na Primeira División na primeira xornada da tempada 1979/80, contra o Rayo Vallecano no Benito Villamarín. Foi o seu único partido en todo o ano e tras xogar un partido de Copa do Rei no inicio da campaña seguinte, foi cedido ao Terrassa, da Segunda División B, onde disputou 23 partidos.
En 1981 fichou polo Lorca, co que militou durante tres tempadas na categoría de bronce, logrando na última delas o ascenso á Segunda División. Durante a tempada 1984/85 xogou no Atlético Marbella e na 1987/88 no Brigantium.
Palmarés Racing de Ferrol Segunda División B (1): 1977/78.
Lorca Segunda División B (1): 1983/84.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Melide Categoría:Futbolistas de Melide Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Xogadores do CF Lorca Deportiva (1969) Categoría:Xogadores do Atlético Marbella Categoría:Xogadores do Betanzos CF