Yohana Gómez Camino, nada en San Pablo de los Montes, Toledo, o 20 de xaneiro de 1994, é unha futbolista española. Xoga como porteira no Deportivo da Coruña da Segunda División.
Traxectoria Nada na localidade toledana de San Pablo de los Montes, comezou a súa carreira como futbolista no concello próximo de Gálvez, militando nas filas do CDE Gálvez. Tras catro anos neste club, fichou en 2012 polo Guadamur. En 2013 pasou ao fútbol sala e xogou durante unha tempada no Almagro FSF. A continuación regresou ao Guadamur, no que militou durante as seguintes tres tempadas.
En 2017 fichou polo CD TACON de Madrid, da Segunda División, club co que logrou o ascenso á Primeira División na campaña 2018/19. En 2020 o club foi absorbido polo Real Madrid, que creou así a súa sección feminina. O seu debut produciuse o 6 de xaneiro na Cidade Deportiva de Valdebebas ante o Madrid Club de Fútbol, tras substituír a súa compañeira Misa Rodríguez nos minutos finais do partido. Con todo, apenas dispuxo de minutos durante a tempada, sendo case sempre suplente de Misa.
Deixou o club ao final da tempada e incorporouse ao Rayo Vallecano. No equipo de Vallecas tampouco conseguiu facerse co posto de titular, tendo como competencia pola portería a Patricia Larqué. Disputou só cinco partidos durante a tempada, catro deles na liga e un na Copa da Raíña.
En xullo de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Segunda División.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos da xogadora en Soccerway .
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadoras do Real Madrid CF Feminino Categoría:Xogadoras do Rayo Vallecano Feminino Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino