Vesta Sarkhosh Curtis, nada en Teherán en 1951, é unha orientalista e numismática británica de orixe iraniana, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria Vesta Sarkhosh obtivo un mestrado en Arqueoloxía de Oriente Próximo e Linguas Antigas Iranianas na Universidade de Gotinga, e posteriormente acadou o seu doutoramento en Arte Parta no University College de Londres."Dr Vesta Sarkhosh Curtis". British Institute of Persian Studies."Curtis, Vesta Sarkhosh". En Coins Weekly. 18 de xaneiro de 2017.

Entre 1983 e 2003, Curtis foi editora conxunta do xornal Iran: Journal of the British Institute of Persian Studies. De 1998 a 2003 foi secretaria do Instituto Británico de Estudos Persas (BIPS) e entre 2006 e 2011 ocupou a presidencia dese instituto. No período 2005-2010 foi secretaria da Royal Numismatic Society.

Vesta Sarkhosh Curtis ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1995, inicialmente como conservadora a tempo parcial de moeda sasánida, e a partir de 2005 pasou a ocupar o posto de conservadora de moedas de Oriente Medio nese departamento."Dr Vesta Sarkhosh Curtis". The British Museum.

Curtis desenvolveu un proxecto de colaboración co Museo Nacional de Irán sobre as moedas sasánidas de 224 a 651 d.C. Tamén é codirectora, xunto con Michael Alram, do proxecto internacional de moedas partas The Sylloge Nummorum Parthicorum (SNP) e coeditora da súa serie editorial."Sylloge Nummorum Parthicorum". Sylloge.org

Curtis é membro do comité académico da Iran Heritage Foundation (IHF) e vicepresidenta do Instituto Británico de Estudos Persas.

Vida persoal Está casada con John Curtis, director xeral da Fundación do Patrimonio de Irán e conservador do Museo Británico de Proxectos Especiais de Oriente Medio."Dr John Curtis Appointed CEO of Iran Heritage Foundation and IHF America ". Cyruscylinder2013.com

Recoñecementos

2025: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións Estes son os traballos monográficos máis salientables publicados por Vesta Sarkhosh Curtis ao longo da súa traxectoria:"Curtis, Vesta Sarkhosh". WorldCat Identities."Curtis, Vesta Sarkhosh ". Digital Library Numis."Vesta Sarkhosh Curtis". Academia.edu

(1998). The art and archaeology of ancient Persia: new light on the Parthian and Sasanian empires (con R. Hillenbrand). I. B. Tauris, Londres. ISBN 9781860640452 (2005). Persian myths, Legendary past. University of Texas Press. ISBN 9780292711587 (2005-2010). The Idea of Iran (con S. Stewart) (eds.). I. B. Tauris. (2005). 1. Birth of the Persian Empire. ISBN 978-1845110628 (2010). 2. The Age of the Parthians. ISBN 978-1845114060 (2010). 3. The Sasanian Era. ISBN 978-1845116903 (2009). 4. The rise of Islam. ISBN 978-1845116910 (2010). Ali-Akbar Safi, Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 1: Ardashir I - Hormizd IV (con M. Elahé Askari et al). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 978-0901405449 (2012). Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 2: Khusrau II - Yazdgard III (con M. Elahe Askari et al.). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 0-901405-64-7 (2012). From Persepolis to the Punjab: Exploring the Past in Iran, Afghanistan and Pakistan (con E. Errington). British Museum Press. ISBN 978-0714111773 (2014). Persian love poetry, (con S. R. Canby). British Museum Press. ISBN 978-0714124759 (2017). The Parthian and early Sasanian empires : adaptation and expansion (con E. Pendleton, M. Alram e T. Daryaee). British Institute of Persian Studies. Oxbow Books. ISBN 9781785709623 (2020). Mithradates: Sylloge Nummorum Parthicorum. Austrian Academy of Sciences. ISBN 978-3700185642

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Curtis, Vesta Sarkhosh". En Coins Weekly. 18 de xaneiro de 2017.

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Teherán Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Orientalistas Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Británicos de ascendencia iraniana Categoría:Personalidades sen imaxes