Chámase glioblasto ou esponxioblasto ao tipo de células do sistema nervioso que se crean na zona ventricular do neuroepitelio do tubo neural a través do proceso de proliferación celular a partir da 4ª semana da xestación humana.
Formación As divisións das células proxenitoras orixinan neuronas inmaturas e glioblastos. Estes diferéncianse das neuronas inmaturas en que manteñen a súa capacidade proliferativa (capacidade de dividirse) ao longo da vida.
Na actualidade, mediante estudos de técnicas inmunocitoquímicas, chegouse á conclusión de que na zona ventricular existen dous tipos de células proxenitoras, unha que orixina glioblastos e outra que orixina neuronas inmaturas. É dicir, a determinación como neurona inmatura ou glioblasto xa procede das células proxenitoras das que se orixinan as células nerviosas.
Notas
Véxase tamén Neuroglía Glioma
Categoría:Neurofisioloxía Categoría:Embrioloxía Categoría:Tipos de célula Categoría:Células do sistema nervioso