A Universidade de Kore Enna (UKE) (en ; en ), é unha universidade de Enna, no centro de Sicilia.

É a cuarta de Sicilia, despois das universidades de Catania, Messina e Palermo, e unha das poucas universidades non gobernamentais de Italia. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

Historia A Universidade naceu dunha iniciativa da Fundación Kore en colaboración coas Universidades de Catania e Palermo, que tamén realizaran cursos en Enna en 1995. Desde o día 15 de setembro de 2004, a Universidade de Enna foi establecida como institución independente por decreto do Ministerio de Educación, Universidades e Investigación italiano.

Alumnado De 140 estudantes no primeiro ano, o número de estudantes aumentou até os 7000.

Nome O seu homónimo é a deusa grega Kore, tamén coñecida como Perséfone, filla da deusa da fertilidade Deméter (en latín Ceres). O nome foi elixido porque o Consorcio Municipal Libre de Enna da Sicilia Central recibe o alcume de "Provincia de Ceres" (Provincia di Cerere) debido ao seu solo fértil e á importancia da agricultura.

Centros A universidade ten cinco facultades:

Bens culturais (Arquitectura e Arqueoloxía) Negocios Dereito Enxeñaría Humanidades

Notas

Véxase tamén

Kore de Enna Categoría:Sicilia Categoría:Grupo Compostela de Universidades