Wilhem Heinrich Kramer, nado en 1724 en Dresde, Electorado de Saxonia (Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 13 de outubro de 1765 en Bruck an der Mur (actual Baixa Austria), foi un médico e naturalista alemán.<ref>Klemun, Marianne (2012): "Ein bloß vom privaten Fleiß eines mittellosen Praktikers der Medizin überall gesammeltes Büschel" – Wilhelm Heinrich Kramers (1724–1765) botanische Arbeit. Verh. Zool.-Bot. Ges. Österreich, vol. 148-149, pp. 377-396.</ref>

Traxectoria Kramer estudou Medicina en Viena, e practicou como médico en Bruck, cerca da capital, polo menos durante catorce anos.

Publicou en 1756 a obra Elenchus Vegetabilium and Animalium per Austriam inferiorem Observatorum, unha flora e fauna da Baixa Austria, notábel sobre todo porque foi un dos primeiros traballos nos que se adoptou a nomenclatura binominal de Linneo. Nese libro Kramer creou o termo pratincola para a ave Glareola pratincola, e que foi adaptado ao inglés na seguinte obra de Thomas Pennant en 1773.

Honores Epónimos Fauna Giovanni Antonio Scopoli (1723-1788) dedicoulle Psittacus krameri (hoxe Psittacula krameri) en 1769.

Flora (Adiantaceae) Cheilanthes krameri Franch. & Sav.Enum. Pl. Jap. 2. 212, 619. 1879. 1879 (IF) (Liliaceae) Lilium krameri'' Hort. Teutschel ex Hook.f.Bot. Mag. 99: t. 6058. 1873 (IK)

Abreviaturas A abreviatura Kramer emprégase para indicar a Wilhem Heinrich Kramer como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Kramer, Wilhelm Heinrich ( -1765) no IPNI. A abreviatura Kramer emprégase para recoñecer a Wilhem Heinrich Kramer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en Dresde Categoría:Nados en 1724 Categoría:Finados en 1765