miniatura|Fucosa en forma cíclica de piranosa. A fucosilación é o proceso de engadir unidades do azucre fucosa a unha molécula. As fucosas transfírense desde a GDP-fucosa a proteínas, e glicanos unidos a glicoproteínas e glicolípidos.Ming Shan, Dandan Yang, Huaiqian Dou, Lijuan Zhang. Progress in Molecular Biology and Translational Science. Chapter Four - Fucosylation in cancer biology and its clinical applicationsProgress in Molecular Biology and Translational Science. Volume 162, 2019, Pages 93-119. É un tipo de glicosilación.
É realizada por encimas fucosiltransferases,Yourdictionary definición de fucosiltransferase situadas en eucariotas principalmente no aparato de Golgi. Son importantes para formar os antíxenos dos grupos sanguíneos humanos.National Institutes of Health. FUT1 fucosyltransferase 1 (H blood group) [ Homo sapiens (human) ]. Gene ID: 2523, actualizada o 12 de agosto de 2022.
É unha reacción clinicamente importante, e informouse de altos niveis de fucosilación en casos de cancro. No cancro e as inflamacións prodúcense cambios significativos na expresión de moléculas fucosiladas. Por tanto, os anticorpos e as lectinas que poden recoñecer oligosacáridos fucosilados asociados ao cancro foron utilizados como marcadores de tumores en oncoloxía.
A fucosilación observouse en vertebrados, invertebrados, plantas, bacterias e fungos. Sábese que facilita varias funcións como a adhesión celular e a regulación inmunitaria. Están explorándose aplicacións da inhibición da fucosilación para un conxunto de aplicacións clínicas incluíndo algunhas asociadas coa anemia falciforme, artrite reumatoide, inhibición de tumores e melloras na quimioterapia. A fucosilación pode axudar á resposta inmunitaria cando un patóxeno alleo se introduce no corpo. Pode ocorrer unha rápida fucosilación na mucosa interna do intestino delgado como mecanismo protector para soportar a flora bacteriana. Isto pode regular os xenes bacterianos responsables da percepción do quórum e da virulencia, o que ten como resultado un incremento da tolerancia á infección.
Notas
Categoría:Carbohidratos