Bräcke é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland. A súa capital é Bräcke, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal. En decembro do ano 2024 a poboación do concello era de 6 035 habitantes.

A topografía do concello está formada por terreos moi accidentados e montañosos, pero os desniveles raramente superan un par de centos de metros. Preto do 80 por cento da superficie é forestal e estes activos chegaron a caracterizar a actividade económica local. A principios da década de 2020, aproximadamente o 14 por cento dos empregos no municipio eran na agricultura e a silvicultura.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bodsjö, Bräcke, Håsjö, Hällesjö, Nyhem, Revsund e Sundsjö. Nesas parroquias fundñaronse concellos rurais do mesmo nome coa reforma municipal de 1862, aínda que o concello rural de Nyhem formouse ent 1891 tras separarse do de Revsund.

O 27 de marzo de 1907 estableceuse a localidade municipal de Bräcke que sería disolta a finais do ano 1955.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse na área tres grandes concellos: o concello rural de Bräcke (pola fusión dos antigos concellos de Bräcke e Nyhem), o de Kälarne (a partir dos de Håsjö e Hällesjö), e o de Revsund (de Bodsjö, Revsund e Sundsjö).

O actual municipio de Bräcke naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Bräcke. No ano 1974 incorporaríanse os municipios de Revsund e Kälarne.

Xeografía O concello de Bräcke atópase no leste do condado de Jämtland e limita cos municipios de Sundsvall ao leste, Ånge ao sur, ámbolos dous no condado de Västernorrland, Berg ao oeste, Östersund ao noroeste e Ragunda ao norte, estes últimos en Jämtland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jämtland