A hidroxocobalamina, tamén chamada vitamina B12a e hidroxicobalamina, é unha vitamina que se encontra nos alimentos e en suplementos dietéticos. Como suplemento utilízase para tratar a deficiencia de vitamina B12, incluíndo unha das súas consecuencias, a anemia perniciosa. Outros usos son o tratamento do envelenamento por cianuro, a atrofia óptica de Leber e a ambliopía tóxica. Adminístrase por vía intramuscular ou intravenosa.

Xeralmente presenta poucos efectos secundarios. Entre eles poden estar os seguintes: diarrea, potasio sanguíneo baixo, reaccións alérxicas e presión arterial alta. As doses normais considéranse seguras durante o embarazo. A hidroxocobalamina é a forma natural da vitamina B12 e un membro da familia de compostos da cobalamina. A hidroxocobalamina, ou outras formas da vitamina B12, son necesarias para que o corpo poida producir ADN.

A hidroxocobalamina illouse por primeira vez en 1949. É unha das medicinas que está na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde. Está dispoñible como medicamento xenérico. Fabrícase comercialmente utilizando varios tipos de bacterias.

Usos médicos

miniatura|esquerda|A hidroxocobalamina en condicións estándar é un composto sólido formado por cristais vermellos escuros. miniatura|upright|O líquido da inxección de hidroxocobalamina USP (1000 μg/mL) é unha solución líquida vermella clara. Móstrase un preparado de 500 μg B-12 para inxección subcutánea.

Deficiencia de vitamina B12

A terapia estándar para o tratamento da deficiencia de vitamina B12 é a inxección intramuscular ou intravenosa de hidroxocobalamina (OHCbl), xa que a maioría dos casos débense a unha mala absorción pola ruta entérica (intestinal). Utilízase en pacientes pediátricos con enfermidades metabólicas da cobalamina intrínsecas, pacientes con dificiencia de vitamina B12 con ambliopía por tabaco que contén cianuro debida a envelenamento por cianuro e pacientes de anemia perniciosa que teñen neuropatía óptica.

Envelenamento por cianuro

A hidroxocobalamina é a terapia de primeira liña para casos de envelenamento por cianuro. A hidroxocobalamina converte o cianuro no composto moito menos tóxco cianocobalamina. A cianocobalamina é eliminada polos riles. O uso de hidroxocobalamina converteuse no tratamento de regra debido ao seu perfil de baixo risco de efectos secundarios, a rapidez con que comeza a actuar e a facilidade de uso en instalacións prehospitalarias.

Hidroxocobalamina inxectable

A inxección de hidroxocobalamina utilízase para atallar as seguintes causas de deficiencia de viatamina B12: Lista tomada da etiqueta de prescrición de fármacos da FDA norteamericana Deficiencia dietaria de vitamina B12 en persoas vexetarianas estritas e nos seus meniños alimentados por lactación materna (a deficiencia de vitamina B12 illada é moi rara). Mala absorción de vitamina B12 resultante dunha lesión de estómago, onde se segrega factor intrínseco, ou danos no íleo, onde o factor intrínseco facilita a absorción de vitamina B12. Estas condicións inclúen o esprúe tropical e o esprúe non tropical (ou enfermidade celíaca). Secreción inadecuada de factor intrínseco, debido a lesións que destrúen a mucosa gástrica (que poden ser causadas pola inxestión de corrosivos, tumores estendidos e condicións asociadas coa atrofia gástrica, como a esclerose múltiple, certos trastornos endócrinos, deficiencia de ferro e gastrectomía subtotal). Lesións estruturais que orixinan unha deficiencia de vitamina B12, incluíndo a ileíte rexional, reaccións ileais e tumores malignos. Competición pola vitamina B12 por parte de parasitos intestinais ou bacterias. O verme plano dos peixes pouco cocidos (Diphyllobothrium latum) absorbe grandes cantidades de vitamina B12, e os pacientes infectados a miúdo teñen unha atrofia gástrica asociada. A síndrome do bucle cego pode producir deficiencia de vitamina B12 ou de folato. Uso non axeitado de vitamina B12 no organismo, que pode ocorrer se os antimetabolitos para a vitamina se empregan no tratamento da neoplasia. A anemia perniciosa é a consecuencia máis común da deficiencia de vitamina B12. aínda que propiamente se refire á anemia causada especificamente pola deficiencia autoinmune de factor intrínseco, úsase frecuentemente para referirse de modo xeral á anemia deficiente en B12, sen importar a súa causa.

Efectos secundarios Os datos da literatura sobre o perfil de toxicidade aguda da hidroxocobalamina mostran que xeralmente se considera segura con exposición local e sistémica. A capacidade da hidroxocobalamina de retirar rapidamente e detoxificar o cianuro por quelación motivou varios estudos en animais e humanos nos que se usou hidroxocobalamina sistémica a doses suprafarmacolóxicas de ata 140 mg/kg para estudar o seu uso como tratamento intravenoso da exposición ao cianuro. A FDA norteamiericana a finais de 2006 aprobou o uso de hidroxocobalamina en inxección para o tratamento do envelenamento por cianuro.

Esta substancia causa unha coloración avermellada da urina (cromaturia), que pode parecer sangue na urina.

Propiedades O acetato de hidroxicobalamina ten aspecto de cristais inodoros vermello escuros ortorrómbicos. As formulacións para inxección teñen un aspecto de solucións claras vermellas. Ten un coeficiencte de distrbución de 1,133 × 10-5 e un pKa de 7,65.

Mecanismos de acción

Co termo vitamina B12 referímonos a un conxunto de compostos chamados cobalaminas que se encontran no corpo humano en diversas formas, na súa maioría interconvertibles. Xunto co folato, as cobalaminas son cofactores esenciais que cómpren para a síntese do ADN nas células onde están tendo lugar a replicación cromosómica e a división, maiormente na medula ósea e nas células mieloides. Como cofactores, as cobalaminas son fundamentais para dúas reaccións celulares: A conversión feita pola metilmalonil-CoA mutase mitocondrial do ácido metillmalónico a succinato, que liga o metabolismo de lípidos co de carbohidratos. A activación da metionina sintase, que é o paso limitante na síntese de metionina a partir de homocisteína e 5-metiltetrahidrofolato.Bertram G. Katzung, Basic and clinical pharmacology, 1989.

As cobalaminas caracterízanse por ter un núcleo de corrina similar á porfirina que contén un só átomo de cobalto unido a un nucleótido bencimidazolil e un residuo ou grupo R variable. O rupo R variable dá lugar ás catro cobalaminas máis comúns: cianocobalamina (CNCbl), metilcobalamina, 5-desoxiadenosilcobalamina e hidroxocobalamina (OHCbl). No soro sanguíneo a hidroxocobalamina e a cianocobalmina crese que funcionan como formas de almacenamento ou transporte da molécula, mentres que a metilcobalamina e a 5-desoxiadenosilcobalamina son as formas activas do coencima necesario para o crecemento e replicación da célula. A cianocobalamina adoita converterse en hidroxocobalamina no soro, mentres que a hidroxocobalamina se converte en metilcobalamina ou en 5-desoxiadenosil cobalamina. As cobalaminas circulan unidas a proteínas séricas chamadas transcobalaminas (TC) e haptocorrinas. A hidroxocobalamina ten unha maior afinidade pola proteína de transporte TC II que a cianocobalamina ou a 5-desoxiadenosilcobalamina. Desde un punto de vista bioquímico, hai dúas reaccións encimáticas esenciais requiren vitamina B12 (cobalamina).Hardman, J.G., Limbird, L.E. and Gilman, A.G. (2001) Goodman & Gilman’s The Pharmacological Basis of Therapeutics. 10th Edition, McGraw-Hill, New York.

A vitamina B12 intracelular mantense en forma de dúas coencimas activas: metilcobalamina e 5-desoxiadenosilcobalamina. No caso de deficiencia de vitamina B12, a conversión de metilmalonil-CoA a succinil-CoA non pode ter lugar, o cal te como resultado a acumulación de metilmalonil-CoA e a síntese de ácidos graxos anormal. Noutras reaccións encimáticas, a metilcobalamina apoia a reacción da metionina sintase, que é esencial para o metabolismo normal do folato. A interacción folato-cobalamina é esencial para a síntese normal de purinas e pirimidinas, e a transferencia do grupo metilo á cobalamina é esencial para a subministración adecuada de tetrahidrofolato, o substrato para os pasos metabólicos que necesitan folato. Nun estado de deficiencia de vitamina B12, a célula responde redirixindo as vías metabólicas do folato para subministrar cantidades crecentes de metiltetrahidrofolato. Son frecuentes as concentracións elevadas resultantes de homocisteína e de ácido metilmalónico en pacientes con baixos niveis séricos de vitamina B12 e poden xeralmente baixarse cunha terapia de substitución de vitamina B12. Porén, as concentracións elevadas de ácido metilmalónico e de homocisteína poden persistir en pacientes con concentracións de cobalamina entre 200 e 350 pg/mL.Savage, D. G., Lindenbaum, J., Stabler, S. P., & Allen, R. H. (1994). Sensitivity of serum methylmalonic acid and total homocysteine determinations for diagnosing cobalamin and folate deficiencies. The American journal of medicine, 96(3), 239–246. A suplementación con vitamina B12 durante condicións de deficiencia restaura o nivel intracelular de cobalamina e mantén un nivel suficiente dos dous coencimas activos: metilcobalamina e desoxiadenosilcobalamina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Metilcobalamina Cianocobalamina Adenosilcobalamina Vitamina B12 Biosíntese da cobalamina Óxido nítrico

Ligazóns externas Hydroxocobalamin in the ChEBI database

Categoría:Antídotos Categoría:Vitaminas Categoría:Tetrapirrois Categoría:Compostos de organocobalto